Toponimia do Val do Fragoso

353 O T o p ó n i m o s d e d i f í c i l c l a s i f i c a c i ó n Meixiño, O Diminutivo dunha forma *meixo, que non ten fácil explicación. Lugar no largo do Carballal onde se atopaba A Fonte do Meixiño, xa desaparecida. Esta estaba situada na man esquerda do camiño da Pe- drosa, xusto no seu inicio, ao dar a curva para deixar a rúa do Carballal. Metidos, Os Coincide co participio do verbo meter ‘facer entrar unha cousa nun lugar’, derivado do latín mittere ‘soltar, enviar’. Adóitase empregar este termo, en feminino, (temos o exemplo no topónimo A Metida da Can- dea ), para facer referencia aos puntos onde se introducen desvíos nun rego de auga que permiten dirixila cara a un lugar ou outro. Non sabe- mos se esta é a explicación do topónimo. Tamén podería ser un terreo que se mete respecto á liña trazada por outras propiedades. Antigas terras de labor, agora desaparecidas baixo o firme da autoes- trada do Atlántico, que se atopaban por riba da mina que había onde o antigo taller Barreiro (nave na man dereita, arriba, do camiño da Feira). Isto impide que poidamos deducir da paisaxe a posible motivación do topónimo. Millaradas, As É un topónimo relativamente común en galego pero de orixe e sig- nificado escuro. Podería ser un derivado do numeral mil (lat. mille ) ou ben do substantivo millo (lat. milliu ). Abrangue as casas que hai por debaixo da escola da Chan (ás que se entra polo camiño da Candea) e dende aí todo o terreo de monte (cou- tadas) cara ao norte e o leste rodeado polo río da Candea. Corresponde, polo tanto, á franxa máis baixa da aba norte do monte do Galleiro, que se precipita sobre o río da Candea. Do outro lado, o terreo vólvese elevar e forma O Crasto de Xestoso. No Catastro de Ensenada aparece en varias ocasións, maioritariamente en plural. No Libro de afanegados atopámolo escrito sempre con – e – («Milleredas») e as denominacións «o canto de milleradas», «o cocho de milleradas», «pinal de millera- das» e «o castro das milleradas» en referencia ao que agora se coñece como O Crasto de Xestoso . Existía tamén o topónimo A Millaradiña ,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==