Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 352 xáns (escrito tamén como «Barujans» e maioritariamente «Barujanes») doce persoas, tendo en conta que Xeme, A Xesteira e o Lameiro non se incluían nese cómputo. Coñécense como Os Baruxáns ou Os Campos de Baruxáns as veigas situadas entre O Muíño Vello e A Raposa de Arriba, na beira do río de Eifonso. Loura, A Topónimo de orixe incerta. Podería derivar dun adxectivo latino re- ferente á cor, ou proceder, neste mesmo sentido, dun nome ou sobre- nome de posuidor ‘A de Louro’, ou incluso poderiamos estar ante un hidrotopónimo prerromano cunha raíz lor – que posiblemente tería o significado de ‘auga’. En Baruxáns son as terras de cultivo situadas á man dereita do ca- miño terreño que vai directo dende O Cacheno á Raposa. Primeiro temos As Pedras e a continuación, ata chegar á Raposa, A Loura . Testa ao norte co Rego do Cacheno. Temos no Catastro de Ensenada «A Louria», propiedade de Balthasar de Leiros e que con gran probabi- lidade podería corresponderse coa Loura actual. É raro ese – ia cando hoxe se di Loura , pero se efectivamente o terreo se chamaba Louria ou Louría , entón fai máis probable a orixe prerromana. Masturo, O Topónimo escuro. Quizais un alcume persoal, acaso aplicado a al- guén que pronunciaba (ou lle parecía á xente que pronunciaba) mastu- rar por mesturar . Identifica en Mourelle o terreo onde están construídas as dúas últi- mas vivendas que temos á man dereita da estrada de Bembrive, che- gando a Beade, antes da curva de cento oitenta graos que describe no punto onde cruza o río de Eifonso. Estrema ao sur co río de Eifonso ou río de Mourelle, ao norte coa estrada, ao leste co Chouso e ao oeste co Castañal. Podería ser este un topónimo relativamente moderno, xa que non aparece no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==