Toponimia do Val do Fragoso

351 O T o p ó n i m o s d e d i f í c i l c l a s i f i c a c i ó n Recollemos neste apartado os topónimos de orixe ou clasificación dubidosas. Baruxáns Topónimo de orixe escura. A terminación fai pensar nun derivado co sufixo correspondente ao latín – anos ou – anas , quizais a partir da mesma raíz hodronímica prerromana var – que dá barcia , barxa e ou- tros. Se en orixe foi unha forma masculina (en – anos ), podería tratarse dun xentilicio referido aos habitantes, semellante ao topónimo Esturáns (do latín medieval Asturianos ) da parroquia de Coia. Podería ser unha alteración de Barxáns , xentilicio derivado dalgún topónimo Barxa . En tanto non dispoñamos de documentación máis antiga do topónimo, calquera explicación é só unha hipótese. Un Baruganes que se rexis- tra na documentación medieval de Tui non corresponde a Baruxáns, senón á freguesía portuguesa de Balugães, que aparece noutra docu- mentación da época como balluganes , e que malia a aparencia non ten nada que ver con Baruxáns. É o nome do barrio situado no extremo noroeste da parroquia, na estrema coas veciñas Sárdoma e Beade, e ao que pertencen os lugares do Lameiro, O Toutizo, A Pedra, O Cacheno, A Raposa, A Xesteira e Xeme 111 . No século xviii era un dos núcleos máis poboados da parro- quia, xa que no Catastro de Ensenada aparecen como veciñas de Baru- 111 Aínda que no século xvi pertencía ao Casal de Ifonso , na actualidade a veciñanza de maior idade considérao parte de Baruxáns. Topónimos de difícil clasificación 6

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==