Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 350 Case por fronte á do Cea cara ao leste, por riba da estrada das Plan- tas, está A Pexega , nome co que é comunmente coñecido o lugar que nas escrituras aparece como Aguafría e onde antigamente había unha fonte, A Fonte da Pexega . Descoñécese na actualidade a orixe do nome, que presumiblemente podería proceder dun alcuño, un femini- no de pexego . Pexego procede do latín persicu , nome dado ao froito do Prunus persica (pexegueiro) pola súa orixe (Persia). Cara ao norte, entre a estrada das Plantas e o camiño da Feira, está O Lugar da Pecha , ou máis ben O Lugar do Tío Pecho , xa que el era o nativo de Xestoso. Era unha casa antiga, que contaba incluso cun lagar. Como no caso anterior, é difícil coñecer a motivación que deu orixe ao alcume O Pecho . Na lingua común, pecho ten como adxectivo o signi- ficado de pechado ou mesto e como substantivo pode facer referencia a un dispositivo empregado para pechar ( Bótalle o pecho á porta ) ou á travesa dianteira do chedeiro do carro (Rivas, E.: 1978, en DdD , s.v.) entre outras acepcións. Por riba da do Tío Pecho, o lugar ocupado ago- ra polas naves que hai no final da marxe dereita do camiño da Feira, no Pouso, coñecíase como A Goa do Monte , ( A Ghoa do Monte na fala) alcume de orixe descoñecida. Non podemos desbotar a posibilidade de que ese A Goa sexa en realidade unha alteración de A Aghoa .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==