Toponimia do Val do Fragoso
349 O E s p a z o h a b i t a d o grande, con lavadoiro propio empregado tamén por algunhas veciñas dos Freires que contaban co permiso da propietaria para ir lavar alí, pero, sobre todo, con moitas árbores, algunhas delas exóticas e gran cantidade de herbas medicinais. Seguindo pola rúa de Xestoso, logo de pasar a antiga Taberna do Quiñones 110 , atopamos, por debaixo do camiño do Monte Vello, A do Cea , lugar extenso que estrema ao noroeste con Peizás e que é coñe- cido tamén, en concreto os campos que o integran, como A Regueira do Cea debido, probablemente, ao rego que os atravesa, continuación da Regueira do Rorigo dende O Muíño do Rorigo ata uns metros antes da Presa dos Ameirales, punto onde se une coa Regueira do Martínez. Cea , é un apelido de orixe toponímica, que puido ter diferentes focos de aparición. En Bembrive temos constancia da súa presenza en 1752 na persoa de «Manuel Antonio Zea», veciño de Larín, tratado co título de «don» no Catastro de Ensenada , honra compartida nese documento só con don Gabriel de Castro, o que nos indica que debía ser un indi- viduo con certa relevancia social. De feito, no libro Bouzas memoria y recuerdo de Lalo Vázquez Gil atopamos a D. Manuel Antonio de Cea, entre a relación dos xuíces-alcaldes que tivo a vila dende finais do século xvi ata o xx . En concreto, Manuel de Cea ocupou o cargo entre os anos 1759 e 1961 e apúntase que residía en Bembrive polo que podemos supoñer que estamos ante a mesma persoa. Un dos seus fillos, D. Benito de Cea y Avalle, veciño igualmente de Bembrive, foi tamén alcalde uns anos despois, entre 1768 e 1772. Os Cea (Zea) ta- mén tiveron importancia na historia de Baiona. Quiñones é apelido foráneo, seguramente leonés, pois tamén eran Quiñones os implicados no célebre Paso Honroso . Por debaixo da do Cea, uns centos de metros cara ao oeste, no final do camiño de Miraflores cara a Peizás, está A dos Lagartos . Ademais de nomear un réptil, lagarto pode ter a acepción de home pícaro ou astuto (Eladio Rodríguez: 1958-1961, en DdD , s.v.). 110 Esta taberna, situada fronte á subida a Esparramán, fora anteriormente coñecida como A Taberna do Pajarillo . Nela, dous veciños da parroquia, José Vila Seijo e Constante Carrera, foron asasinados por un cabo e un soldado de Infantería do Polvorín de Puxeiros. Asemade, feriron a nai do propietario da taberna, Severino Vila. ( El Pueblo Gallego , 12/12/1934). Un dos mortos, segundo informacións orais, podería ser carboeiro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==