Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 348 da Xabalouca, e uns catrocentos metros máis adiante, na man contraria (á dereita), As Vicentillas , estremando co camiño que sobe pola banda sur do colexio da Chan. Isabel é un nome feminino de orixe hebrea, difundido a partir de santa Isabel de Portugal, esposa de don Dinís (a ela refírese o nome da rúa da Raíña, en Compostela, por ter visitado a cidade en peregrinación). Vicentilla é o feminino dun diminutivo caste- lán do nome masculino Vicente, unha das formas que tomou, xunto a Vicenzo , o nome de orixe latina V incentius . No camiño de Paio, na volta da Subida á Chan, están Os Poréns ou As do Porén , e xa en Paio As Pitisas . Descoñecemos a orixe do alcuño Porén , vocábulo existente en todo caso na lingua común onde ten o valor conxuntivo de ‘a pesar de’. Aplicado, se callar, a alguén que em- pregaba esa expresión na fala, o que resultaba insólito para os falantes da zona (se cadra tiña orixe portuguesa). Pola súa banda, pitisa é o fe- minino de pitís , adxectivo que ten o significado de ‘pequeno’ (Filgueira Valverde, X . et al. : 1926, en DdD , s.v.) ou, como substantivo, ‘cativo, neno que aínda non chega aos sete anos’ (Eladio Rodríguez: 1958-1961, en DdD , s.v.). Posiblemente sexa unha adaptación do francés petit . No Pouso temos A da María Andrea , primeiro lugar á man dereita entrando dende a estrada das Plantas, e a seguir O Lugar e A da Pedro- sa . María Andrea un nome feminino composto, onde o primeiro termo vén do hebreo maryam , mentres Andrea é o feminino correspondente a André , nome de orixe grega. Por debaixo do Lugar, cara ao noroeste, están As Crencas (ou O lugar das Crencas ) . Crenca aparece recollido no Diccionario galego-castelán de Franco Grande (1972, en DdD , s.v.) co significado de ‘individuo torpe, pouco desenvolto’. Posiblemente em- parentado con carranca , carrancha ‘que anda coas pernas arqueadas’. Dirixíndonos ao extremo norte do barrio de Xestoso, pasamos polo Lugar de Tía Milia Bugarina , na esquina coa baixada para os Freires e un pouco máis adiante, tamén na man esquerda da estrada de Xestoso, pola das Ferreiras ( A das Ferreiras ). Este último, ao igual que o mascu- lino Ferreiros do que xa demos conta no Carballal, son alcuños, fixados como topónimos, que teñen a súa razón de ser no oficio das persoas ás que se lles outorgou. Milia é un hipocorístico do nome persoal Emilia, e este do latín Aemilia (rexión italiana), mentres Bugarín é un apelido que ten a súa orixe na parroquia ponteareá do mesmo nome. De feito, é no concello de Ponteareas onde a frecuencia do apelido Bugarín é a máis alta de toda Galicia. O Lugar de Tía Milia Bugarina era un lugar

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==