Toponimia do Val do Fragoso

33 A A u g a Xalón, O Forma parte do extenso grupo de hidrotopónimos de raíz indoeuro- pea * sal – ‘auga axitada’, ‘suxo’, ‘mar’, ‘sal’ difundidos en toda europa 16 . Existe un río Xalón en Asturias (Cangas de Narcea) e Xaló en Alicante (que atravesa, entre outros, o municipio do mesmo nome: Xaló), ade- mais do Río Jalón, afluente do Ebro. Na veciña parroquia de Cabral hai tamén unha entidade de poboación chamada Xalón pola que discorre un curso de auga. Entrando polo camiño da Fandiña dende a rúa da Cruz, é o terreo que hai uns cincuenta metros máis adiante, á man dereita, onde hoxe en día hai unha casa. Neste caso non se aprecia a presenza de ningún curso de auga que poida explicar a presenza do topónimo. O Xalón na Chan (Xestoso) é un terreo de forte pendente, hoxe en día arborado e atravesado polo río do mesmo nome (ou Rego de Pon- tecela) ao que podemos chegar entrando polo camiño do Xalón dende Paio. A partir deste punto, se cruzamos o río, o camiño segue e O Xalón continúan a ser as terras, tamén sen cultivar na actualidade, que temos por riba del ata chegar á altura das Escaleiras do Naranxo, que hai quen coñece como As Escaleiras do Xalón , a partir de onde comeza O Lo- deiro. Por riba do Xalón (ao leste), superando un valado, temos, dende que cruzamos o río, primeiro A Regada das Pedras e logo O Piñeiro. No propio Piñeiro temos As Escaleiras do Piñeiro que nos permiten salvar o antedito valado e subir do Xalón á Regada das Pedras. Nesta zona tamén se recolle O Poulo do Xalón, antigos poulos, ago- ra maioritariamente sen traballar, que se atopan, contra o río, ao redor da Presa do Xalón , unha presa terreña á que se accede por un sendeiro paralelo ao río, augas arriba, dende A Ribeira e que continúa a ser empregada pola veciñanza. O Camiño do Xalón comeza en Paio, na encrucillada entre a subida á Chan e o camiño da Regada, diríxese cara ao norte, ata o río do Xalón, o cal cruza por riba da citada presa. Do outro lado do río continúa, entre O Laranxeiro (á esquerda) e O Xalón (á dereita) ata saír ao Cardal, case á altura da metade do actual Camiño dos Freires. Porén, hoxe en día pódese entrar por un ou outro lado do camiño ata chegar ao río, pero a vexetación impide atopar o punto 16 Para máis información consultar Bascuas, 2014.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==