Toponimia do Val do Fragoso
347 O E s p a z o h a b i t a d o dende batume a galdrucho ou pedra, o que fose necesario, dun lugar a outro. Na Penseira, pasando a fonte á man dereita, está A de Domingos O Cego , e por riba del Os Ferreiros . Na man contraria, camiño de Cerdei- ró A do Castor ou do Zorro . Zorro é un castelanismo por raposo , nome do animal carnívoro empregado tamén como adxectivo para cualificar a unha persoa astuta; mentres Castor é nome persoal masculino de orixe grega, xa que resulta inverosímil pensar que poida referirse ao castor, desaparecido da Península Ibérica hai uns tres séculos. No topónimo A de Domingos O Cego mantense a cadea completa co nome de posesor mais o alcume. Finalmente, Os Ferreiros foi xa analizado nun apartado anterior. Na Bouzafría atopamos A do Salado (–> Salado), na esquina entre o camiño da Bouzafría e seu ramal que enlaza coa Costa das Cuncha- das e, por riba, seguindo a Subida da Bouzafría cara ao San Cibrán, O Lugar dos Caravillas . Unha caravilla é un pecho que consistente nun gancho metálico que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira que serve para fechar portas, ventás, tapas etc. Procede do latín clavi - cula , diminutivo de clave ‘chave’, pero descoñecemos a explicación do seu uso como alcume. Chegando xa ao extremo sur da parroquia, no San Cibrán, temos A Casa do Tuno e A do Vilas , nomes analizados anteriormente. Son tamén do San Cibrán As Beninas, no final do camiño de Sospa- lleiros e A das Cacharelas , lugar rodeado por nacente e ao sur polo Ca- miño do Soeiro. Beninas é un alcume xerado posiblemente a partir da existencia dun antepasado de nome Benigno, derivado do latín benignu ‘favorable, bondadoso’. As Beninas son coñecidas tamén como As Fasi- deas . Este alcume foille posto a un tío da nai das Fasideas vivas hoxe en día chamado Gilito, que tiña costume de responder coa locución facer idea cando lle preguntaban se ía facer unha determinada cousa ou ir a certo lugar («Este domingo vas á feira Gilito? Fagho idea»). Cacharela é posiblemente un derivado de cachada . Finalmente, subindo polas Valadiñas, temos A do Toro , última casa antes de chegar á Casa de Augas, pertencente antigamente a un home de Mourelle así alcumado. Podería estar relacionado co castelanismo toro (por touro) ou coa vila zamorana de Toro. Nos Chans temos O Lugar de Isabel , onde se atopa a casa situada xusto antes da curva que nos levará, uns metros máis adiante, á Fonte
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==