Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 346 va anterior á estrema con Beade. Aos pés destes lugares está o muíño coñecido como O Muíño de Migueliño e Blanco , situado na marxe es- querda do río de Eifonso, uns douscentos metros augas abaixo do Muí- ño do Sorrego. Como recollemos anteriormente, Blanco é un apelido, mentres Migueliño é na actualidade un alcuño procedente do diminu- tivo de Miguel, nome de varón procedente do hebreo, de gran difusión por corresponder ao nome dun dos arcanxos da relixión católica e dun dos santos con culto máis antigo en Galicia, dende o ano 714. Tamén en Mourelle, á man esquerda subindo cara ao Carballal polo actual camiño do Cocho, está A Casa de Tía Carme A Santa . Santa é un alcume que pode loar a bondade dunha persoa, malia que posiblemen- te o seu uso máis habitual é o irónico. Carme é un nome de muller de orixe hebrea popularizado polo culto á virxe do Carme. Xa no Carballal temos antes da Cataliña A da Emérita , nome persoal, feminino de Emérito, do latín emeritus ‘soldado que cumpriu o tempo do seu servizo’. A continuación da Cataliña, igualmente na man dereita en dirección á Penseira temos A da Morena , A do Andaluz , A do Gordo , A do Milcarallos e A do Galo (–> Galo) e fronte a estas últimas, facen- do esquina coa subida ás Cunchadas, A das Perellas . Neste repertorio de nomes temos dous alcumes referentes á aparencia física como son Morena (relativo á cor da pel ou do cabelo) e Gordo, e un que fai alu- sión á orixe xeográfica, Andaluz . En canto aos dous restantes ( Galo xa foi analizado anteriormente), Milcarallos púidose ter aplicado a alguén que empregaba adoito esa expresión e Perella sería o feminino de Pe- rello , nome derivado de Pedro que se emprega para nomear de xeito humorístico o trasno ou o demo. Baixando cara á Pedrosa están á man esquerda As do Forte e no fondo do camiño A do Cubano e As da Pedrosa ou do Carreteiro . Fronte a elas, un pouco máis arriba, As Pequenas . Pequena e Forte (lat. forte ) son alcuños procedentes de adxectivos que no seu momento resaltarían unha característica da persoa á que lle foi atribuído, ou ben apelidos. Forte aparece normalmente alterado en Fortes e o apelido Pequeno , común na nosa zona, no castelán Pequeño . Cubano é o xen- tilicio de Cuba, posiblemente empregado como alcume dunha persoa alí emigrada. As da Pedrosa fai referencia ao topónimo do lugar onde se atopa a casa. Carreteiro é un alcuño habitualmente derivado de ofi- cio; palabra romance, provinte de carreto , empregada para designar os condutores de carros, encargados de transportar diferentes materiais,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==