Toponimia do Val do Fragoso

345 O E s p a z o h a b i t a d o Trasladándonos á saída do camiño dos Pelames á estrada de Bem- brive, temos á man dereita O Lugar do Blanco (pouco máis adiante, en Mourelle, atópase a casa matriz da familia). Cruzando a estrada e subindo cara á Cruz polas Cavadiñas, uns metros máis arriba na mesma man, está A Casa dos Condes e por riba dela A da Pitoqueira ou A do Pitoqueiro , lugar que chega ata a encrucillada da Cruz. Malia que este último é un alcuño 109 , os dous primeiros son apelidos. Blanco é un ape- lido común en Galicia, máis frecuente na provincia de Ourense, pero que en Vigo é compartido por máis de tres mil persoas. A forma nor- mativa sería Branco, e fai referencia á cor da pel, xa que o sobrenome empregado para referirise á mesma cor nos cabelos é cao . Conde foi analizado anteriormente (–> Conde ). A dos Condes foi posteriormente coñecida como A do Cusclán (alcume que parece unha haploloxía de Cucus Clan, forma alterada pola que é coñecida a organización supre- macista branca norteamericana Ku Klux Klan ) ou como A do Pitoquei- ro, xa que formou parte do antedito lugar. Hai outra Casa dos Condes na Esparramán, casa matriz da familia así coñecida. Cruzando o camiño das Cavadiñas dende a da Pitoqueira temos A do Barbas , e fronte a ela, A do Canuto . Barbas é un alcume que facía referencia á longa barba que posuía o home a quen se aplicou, mentres Canuto é nome persoal masculino. De feito, foi o nome de varios reis medievais de Suecia e Dinamarca, un deles (Knut IV) canonizado como San Canuto. Baixando cara ao Outeiro, uns metros máis abaixo da do Canuto, na esquina co camiño das Fandiñas, está Casa Veiga , bar centenario (fundado en 1909) que recentemente pechou as súas portas. O subs- tantivo común veiga , que xa estudamos anteriormente como topónimo (–> Veiga), aparece aquí como apelido, mantendo ademais a súa forma en galego, posto que en moitos casos atopámolo castelanizado como Vega . En Mourelle está A de Migueliño e O Lugar do Blanco , lugares case paralelos formados pola respectiva casa matriz e o terreo asociado que a estrada de Bembrive dividiu á metade, na altura da pronunciada cur- 109 Posiblemente de pito cairo , alcume que se lles aplicaba a persoas enfermizas e de pouco espírito. O segundo elemento do composto é o nome da capital exipcia ( Cairo ) e fai referencia a unha variedade de galiñas tamén chamadas galiñas mouriscas .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==