Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 344 na do Vieira , xa que o lugar se estendía dende a porta da casa que temos á man esquerda, abranguendo a actual estrada, cara ao nordés, ata o camiño das Ferreiras. Atópase polo tanto dentro deste extenso lugar o colexio do Mosteiro. Vieira é un apelido toponímico, con orixe posiblemente en Vieira do Minho (vila portuguesa do distrito de Braga). Por debaixo da do Vieira, na superficie agora ocupada pola avenida de Madrid baixo o paso elevado, era A do Bica (–>Bica). Se en lugar de baixar cara á do Vieira na rotonda de Eifonso, segui- mos todo recto pola estrada de Bembrive, teremos á man esquerda, pouco antes de chegar á rúa do Cacheno, A do Grilo (–> Grilo), e a continuación, na esquina entre as dúas estradas O Lugar de Tarazo- na , nome rexistrado en escrituras. Fronte ao Lugar de Tarazona, A das Señoritas de Benavides , lugar en parte ocupado polas instalacións de Agrovigo , onde se conserva a antiga casa en estado ruinoso, e saíndo á avenida de Madrid, pegada xa á autovía, está A Casa da Petana . Ta- razona podería facer alusión ao municipio pertencente á provincia de Zaragoza, orixe, quizais, da persoa que viviu antigamente neste lugar. Benavides é un apelido, tamén con orixe fóra de Galicia, neste caso en León, onde atopamos o concello de Benavides de Órbigo. A de Bena- vides era unha das familias máis ricas de Bembrive, con propiedades en gran parte da parroquia. De aí o dito de que o señor de Benavides podía percorrer a parroquia sen saír do seu. Atopamos o apelido Benavides no Libro de afanegados de 1846, na persoa de «José María Benavides», propietario xa de numerosas terras concentradas fundamentalmente na zona de Baruxáns, O Lameiro, A Parrocha e Segade. Con todo, no Catastro de Ensenada (1752) aínda non aparecía rexistrado, do que se deduce que a linaxe se instalou na parroquia a finais do século xviii ou moi ao inicio do xix , como fixeron moitos outros da mesma zona de león noutros lugares de Galicia. Na actualidade, máis da metade dos apelidos Benavides existentes en Galicia concéntranse en Vigo. Petana podería ser tamén apelido, ou quizais alcume, da parroquia de Petán, na Caniza, ou incluso do lugar de Petán na parroquia de Corzás, Sal- vaterra de Miño. Por debaixo da de Benavides, cara ao Cacheno, están As Palomas , e se seguimos cara á Xesteira, temos na Raposa, ao final do camiño á man dereita, Os Rebolóns (–> Rebolón), lugar que albergaba a casa ma- triz da familia así alcumada. Paloma é un castelanismo; nome persoal feminino difundido pola advocación mariana da Virxe da Paloma.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==