Toponimia do Val do Fragoso

343 O E s p a z o h a b i t a d o Gato, estremando por nacente co Piñeiro estaba O Portugués . Poucos metros máis adiante, pasando o centro de saúde, atopase A Casa da Cabaleira (–> Cabaleira), adquirida pola familia que a ocupa, xa con ese nome, no ano 1880. Volvendo ao Mosteiro, temos ao oeste da Entidade Local Menor, cara á Ferreira, As Xandavilas , nome que procede dun antigo posesor Xan da Vila que co paso do tempo se foi volvendo opaco e se conver- teu, unido nunha única palabra, en alcume. No ano 1752 ademais dun- ha «Ana da Vila» e tres «María Davila», había censados en Bembrive tres «Juan da Vila», un deles veciño precisamente da Ferreira. Hoxe en día Da Vila e Davila e Vila son apelidos moi comúns. Baixando cara a Eifonso, por debaixo da do Cuadrado estaba A Fu- chica , casa agora abandonada e case en ruínas. Cuadrado é un apelido, non galego, posiblemente referido á corpulencia. Fuchica , ou fochi- ca , aparece no Diccionario Gallego-Castellano de Marcial Valladares Núñez (1884) co significado de ‘non saber facer unha cousa ou facela mal’ ou ‘entreterse con cousas de pouca importancia’. Fochicar, ou fuchicar, é, en todo caso, ‘escarvar na terra’ e, en sentido figurado, ‘manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado’ ou ‘facer calquera cousa a medias e sen maña’. Pódese empre- gar tamén como sinónimo de foder . Do outro lado da estrada, subindo polas Ferreiras á man dereita es- taban A Casa da Severa , A Casa de Tía Flora do Cagadepé , que era a máis vella do lugar e A do Magaz ( Maghás na pronuncia), a máis nova. Severa é o feminino do nome persoal Severo, do latino severus ‘serio, grave’. Segundo Abascal, Severus era o cognome máis frecuente en Hispania (1994: 508). Flora é nome de muller e Cagadepé un alcume formado por un verbo máis unha locución adverbial e de significado transparente. Pola súa banda, Magaz é un apelido que provén de fóra de Galicia, posiblemente de León, onde existe como topónimo. Cara ao sur, case no estremo de Quintán está A do Cabezatorta e ao oeste, na esquina co camiño dos Pumariños a antiga Tenda de Tía Dolores . Tía non ten nestes casos o valor de parentesco, senón que está empregado como fórmula de respecto que se aplica, ou aplicaba, ás mulleres de certa idade. Dolores é nome de muller de orixe latina e Cabezatorta un alcume formado por un substantivo máis adxectivo. Dende a da Tía Dolores podemos baixar á rotonda de Eifonso, e dende alí, tomar á dereita cara á Fonte das Amieiras. Entraremos entón

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==