Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 342 ve. Cruzando a estrada, cara ao Outeiro, temos A da Foseira e facendo esquina coa rúa Igrexa A do González . Do outro lado da rúa era A da Sabela Vella , coñecida despois como A do Monas (–> Monas). Sabela é un nome persoal feminino hipocorístico de Isabel. Chen sería outro hipocorístico, neste caso dun nome masculino, quizais de Inocencio (> Chencho > Chen). González é un apelido patronímico de Gonza- lo, nome moi común na Idade Media. Nos demais casos estamos ante alcumes dos que descoñecemos a motivación, agás Coxo , que é un adxectivo que procede do latín vulgar coxus e que se emprega para de- signar a persoa que, polo motivo que for, ten dificultade para camiñar. Foseira podería aplicarse a unha persoa nativa dalgún lugar chamado Foz, como A Foz do Miñor ou o concello de Foz; e Pianico quizais teña que ver co uso da expresión piano, piano ‘amodo’ ou dalgún xeito co instrumento musical. Nos dous casos etimoloxicamente procedería do latín planu a través do italiano piano . Un pouco máis abaixo da do Monas, na casa que está a carón do pequeno quiosco de música que hai case fronte á igrexa, atopábase A Escola do Tombo (–> O Tombo), onde era mestre don Federico (–>Fer- derico). Se en lugar de baixar ao Mosteiro, dende A de Pepa a Roxa tomá- semos cara a Novelos, atopamos facendo esquina, do outro lado, A Chuquiña e a continuación A do Gato , que abrangue a curva que fai o camiño de Novelos e a casa seguinte. Nesta casa viviu Jesús Gato Figueiras, presidente no ano 1936 da Junta del Sindicato Agrario Ga- nadero de Bembrive 108 e anteriormente, nos anos 1928 e 1929 vogal da Sociedad Cultural «Helios». Neste lugar houbo tamén boi de posto. Gato é un apelido que ten orixe no sobrenome gato , termo que procede do latín tardío cattus , aínda que a súa orixe última resulta aínda incerta. A área de distribución deste apelido concéntrase fundamentalmente na franxa que vai de Vilalba a Ferrol, polo que é moi pouco frecuente en Vigo, onde é compartido só por unhas oitenta persoas. Chuquiña parece o diminutivo de Chuca , hipocorístico de Francisca ou dalgún outro nome. Por debaixo, na curva da estrada de Bembrive, non é relevante, era A da Xuliana e seguindo polo camiño de Novelos, máis adiante da do 108 Condenado o dezaoito de outubro de 1936 a dezaseis anos de reclusión por un delito de «auxilio a la rebelión militar.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==