Toponimia do Val do Fragoso
341 O E s p a z o h a b i t a d o Se desfacemos o camiño e baixamos pola rúa da Parrocha ata che- gar a Recaré temos en fronte A do Quiñones , antigo bar que compartía nome co de Xestoso. Quiñones é un apelido leonés, probablemente relacionado co substantivo común quiñón , do latín quinque ‘quinta par- te’. Un pouco máis adiante da do Quiñones, en dirección á Mouteira, comeza, a partir do Lavadouro do Inferno, O Lugar da Checa , lugar ex- tenso que chega ata a curva anterior á Mouteira. E na propia Mouteira, onde se entra para a Viña Grande, temos A da Guicha (pronunciado por suposto como Ghicha , con gheda). Guicha é un adxectivo (co seu masculino guicho ) que ten o significado de ‘viva, aguda, esperta’, aínda que tamén o de ‘de pequeno tamaño’. Como substantivo é empregado en Vigo, ademais de para referirse aos gomos da verdura, como sinóni- mo de tipo ( fulano , individuo ). No caso do alcume Checa dubidamos que teña relación co xentilicio da república do mesmo nome, nin coas checas 107 . Probablemente é un hipocorístico dun nome persoal. Como moitos son orixinados en deformacións da pronuncia do nome por fa- lantes infantís, pode ser hipocorístico de calquera nome con e na tónica e - a final. Seguindo pola Mouteira e collendo o camiño das Amieiras (erronea- mente rotulado como Cemieiras ) chegamos ao final, de fronte á coñeci- da como A Casa da Meliña . Entendemos que Meliña é un hipocorístico, posiblemente de Amelia, que sería o nome da muller que sobre os anos cincuenta vivía nesta casa, daquela illada. Por extensión, hai quen co- ñece o monte das Paias como O Monte da Meliña . Xa no Monte do Calvario, facendo esquina co camiño de Novelos, está A de Pepa A Roxa . Pepa é un hipocorístico de Xosefa e Roxa é un alcume que fai referencia á cor do pelo (–> Roxo). Baixando a costa cara ao Mosteiro está, á man esquerda, O Coxo , a seguir O Pianico e A do Chen facendo esquina coa Estrada de Bembri- 107 Checa , voz procedente do ruso que quere dicir ‘Comisión Extraordinaria’ como medio de combater o perigo involucionista que representaban as antigas forzas da orde. Co tempo variou o seu significado para se referir a un tipo de internamento irregular por motivos políticos. Así como consecuencia do golpe de estado de 1936 e a represión desatada nos concellos de Vigo e Lavadores o termo checa acadou un lugar propio entre o vocabulario popular. Así as checas habilitadas no antigo convento das Franciscanas de la Divina Pastora en Pardavila ou no chalet Torre Santo Thomé en Freixeiro. A súa memoria pervive mesmo hoxe como un recordo daqueles anos.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==