Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 340 Galo , casa matriz dunha familia así alcumada. Galo , do latín gallu , é o nome común da coñecida ave de curral Gallus gallus , ademais do xen- tilicio dos antigos habitantes da Galia e por extensión, actualmente, de toda Francia. Galo foi tamén un nome persoal de orixe latina (Marqués, 2004: 524) e como alcume emprégase en sentido figurado para aludir a un home fachendoso. Do outro lado da estrada principal de Recaré, á esquerda do camiño rotulado como Subida ao Penedo, temos O Lugar dos do Río , alcume da familia que tivo a súa casa matriz na beira do Río de Xeme, o que explica o sobrenome. Seguindo cara arriba, e unha vez deixado o ca- miño do Penedo e entrado no de Seiróns, está a uns cincuenta metros á man esquerda A Casa das da Lousa 104 , lugar que chega por arriba ata o camiño do Castelo, como tamén o fai o lugar que está a continuación, e que abrangue todos os campos a seguir e as casas ata chegar ata a rúa da Parrocha, que é O Lugar da Peiliña . Fronte a el, do outro lado da rúa da Parrocha, está A dos Caralletes e máis arriba As Crespas . Crespas é unha forma con flexión de xénero do apelido Crespo, formado cun so- brenome que alude a unha característica do cabelo (un cabelo crespo é un cabelo rizado e que forma remuíños). Carallete , derivado de carallo , é un dos nomes da navalla de mar o ou do longueirón. Emprégase como alcume para referirse a mulleres consideradas «pouco femininas». Fi- nalmente, Peiliña é un alcume escuro. Podería tratarse dunha alteración do diminutivo de penla , ou estar relacionado con Pei , hipocorístico de Paio; da expresión Paio lan (do latín lana ) procede o substantivo pailán ‘que ten maneiras rústicas e non se sabe conducir no trato social’. Subindo pola rúa da Parrocha, deixando atrás a rotonda, estaba á man esquerda a antiga Casa da Cardadeira (–> A Cardadeira ), que nes- te caso non era un nome de posesor, senón o topónimo do lugar onde estaba situada. A casa xa non existe, como tampouco A Casa da Pinda- gha 105 , ( A Pindagha na fala) que se atopaba no final da rúa, chegando ao punto polo que agora pasa a avenida de Madrid 106 . 104 Alcume que contén o substantivo común lousa (< lausa , prerromano) ‘pedra plana’. 105 Alcume de orixe descoñecida. Pode ser alteración de A Pinga d’Agua . 106 Nesta casa dise que estivo agochado un tempo Xosé Humberto Baena, militante do FRAP nativo de Sárdoma que foi un dos cinco últimos fusilados polo franquismo, o 27 de setembro de 1975.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==