Toponimia do Val do Fragoso
339 O E s p a z o h a b i t a d o Entrando xa na Pedra temos á man esquerda, a uns sesenta metros, As do Raxeira 96 e case en fronte O Raro da Rosaca 97 , onde houbo e aínda hai un bar. Máis adiante, na mesma man, pasando a cafetaría A Pedra , temos A do Seíllo 98 e a continuación A do Nogueira 99 , onde houbo unha escola. Subindo cara a Segade, temos primeiro, á man esquerda, O Lugar do Ledo (–> Ledo), onde estivo A Taberna do Manco , taberna aberta por Claudio Pérez, O Manco 100 , alcumado así logo de perder unha man. Manco provén do latín mancu , que significa ‘maneto, eivado dunha man’. A taberna, rexentada despois polo seu fillo, xa non existe na actualidade. A continuación está O Cantinero 101 e, por riba do valado que as separa, e ata o camiño da Fonte do Lago, A Chadiza 102. Todo isto á man esquerda. Á man dereita, máis arriba, atopamos A do Caraxo 103 que tiña un alboio coñecido como A Casa do Liño, posto que alí se traballaba esta planta (liño, do latín linu ) para transformala finalmente en tecido. A súa habitante de máis idade lembraba aínda a presenza alí dos mazadoiros ( mazadouros na fala de Bembrive e en xeral no gale- go), pedras lisas empregadas para, sobre elas, mazar o liño. Na parte alta de Segade estaba A Casa Vella do Ledo e do outro lado da avenida de Madrid, no ramal cortado da rúa de Recaré temos A do 96 Raxeira , do latín radiaria ‘raio do sol’ ou ‘lugar onde dá o sol’. 97 Raro é un alcume familiar ( Os Raros ) e contén o adxectivo común raro ‘infrecuente ou estraño’. Rosaca parece unha forma alterada de resaca . 98 Seíllo é alcume de orixe descoñecida, aparentemente non galego pola terminación en - illo . 99 Apelido relativamente común de orixe toponímica, procedente do latín nucaria ‘que dá noces’. 100 O Manco foi un destacado militante libertario da parroquia (-> anexo iii ). 101 Forma castelá derivada de cantina ‘taberna’. 102 Alcume de orixe descoñecida. Entendemos que será A Achadiza (con deglutinación do a - inicial ao confundilo co artigo), feminino de achadizo , que é sinónimo de expósito: un neno abandonado para que o acolla quen o atope. É un derivado do verbo achar ‘atopar, encontrar’. Con todo, tamén hai que ter en conta que achadiço emprégase en portugués para referirse ao forasteiro que se instala nun lugar, normalmente por casamento. 103 Descoñecemos igualmente a orixe deste alcume. Podería ser un termo usado habitualmente polo primeiro portador. Quizais relacionado con carallo e o castelán carajo .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==