Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 338 fan referencia ao mesmo animal, só que o termo boi se reserva normal- mente para referirse aos touros castrados, empregados como animal de tiro, ou tamén aos touros sementais. O número de bois de posto estaba controlado polas autoridades, polo que había moi poucos, o que obri- gaba a xente a ter que desprazarse coas vacas a inseminar, e polo tanto en celo, considerables distancias, primeiro camiñando e máis tarde en camións. Así, por exemplo, parte da veciñanza do San Cibrán acudía ao boi de posto de Zamáns. Ter boi de posto era un oficio arriscado, xa que implicaba manexar uns animais que poden sobrepasar a tonelada. De feito, na do Boi, o boi de posto matou o irmán do propietario cando lle ía botar de comer. Seguindo a liña da estrema con Sárdoma cara ao suroeste, logo de deixar atrás as instalacións da Telefónica, temos A do Ribeirán . Indo polo camiño da Costa da Peteta dende Moledo cara ao Lameiro de Sárdoma, logo de pasar A Cavada, no punto onde o camiño se bifurca, A do Ribeirán é o lugar que queda á man dereita, rodeado pola Costa da Peteta polo oeste e noreste, por onde non ten saída. Se tomamos o ramal que baixa cara ao Lameiro teremos, pertencentes xa á veciña parroquia, A das Marijuelas á man esquerda e A dos Romeros á dere- ita. Romero é un apelido de orixe non galega, ou ben castelanización dun Romeu ou Romeo orixinario. Marijuela é un diminutivo, castelán, do nome feminino María , convertido aquí en alcume. Pola súa banda, Ribeirán foi tratado xa no apartado anterior. Volvendo ao Lameiro en Bembrive, uns metros máis adiante da do Boi, a partir aproximadamente da baixada á Fonte da Leiteira, comeza A das Berechas , lugar moi grande e cuberto de vexetación de todo tipo, mesmo arbórea, xa que se atopa abandonado, como tamén o está a antiga casa de pedra. A continuación dela, temos unha tira de terreo cunha casa restaurada e habitada que é O Lugar da Leonor . Este nome, de etimoloxía escura, chegou a nós a partir do francés coas formas Leo- nor / Lianor . Pola súa banda Berecha é un alcume (do que descoñece- mos a orixe e motivación), como o é tamén Carrachán , nome do lugar anterior ao das Berechas, pero da outra man, onde se conserva un ca- nastro, A Casa do Carrachán . O alcuño carrachán semella un derivado de carracha/carracho; foi aplicado ao pai dun cura de Bembrive. Como outros derivados da mesma raíz (carrapito, etc.) puido empregarse para designar persoas de pouca estatura.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==