Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 32 nimo sería anterior a 1846. Na Ponte de Abalde, O Campo do Río é un pequeno campiño que queda na esquina entre o camiño do Muxo, a rúa da Cavada e o río; os campos situados na outra beira do río, perten- centes xa a Beade, tamén reciben este nome. No Carballal, Os Campos do Río son as leiras que hai por debaixo da Fonte da Pedrosa e que abranguerían O Regueiro, O Río da Antol e O Río Grande. A Fonte do Río é o nome das terras, recollido nas escrituras, do lugar onde se atopa O Lavadouro da Regada. Correspóndese co topónimo O Río (Xestoso) que rexistramos na recollida oral, malia que a zona onde se atopa o lavadoiro é coñecida tamén como A Regada Grande. Baixando pola rúa de Recaré dende A Parrocha, lugar situado á man dereita xusto antes de cruzar a Avenida de Madrid, localízase O Lugar dos do Río . Neste caso, o topónimo procede do emprego de río como alcume de familia, á cal se lle adxudicou precisamente por vivir a ca- rón dun curso de auga. A Presa da Pedrosa, tamén é coñecida como A Presa do Río . Sorrego, O A partir da preposición so – derivada do latín sub ‘baixo, debaixo de’ créanse topónimos que identifican terreos localizados por debaixo ou na parte baixa de, neste caso, un rego (–> Rego, O / Rega, A). Así temos O Sorrego en Mourelle, terreos que se estenden dende aproximadamente o muíño do Sorrego, pola marxe dereita do río de Eifonso, ata a estrada que vai cara a Beade. Están separados polo leste do Cocho Pasal, pertencente xa ao Carballal, por un valado. Tamén son nomeados como Os Poulos do Sorrego posto que estaban destinados a esa función. No pasado, tal e como nos relatou unha veciña de noventa e un anos, na época da súa avoa, sementouse neles liño. A aparición do artigo no topónimo é un fenómeno recente, motivado pola perda de conciencia de so – como preposición. De feito, no Catastro de Ensena- da atopamos o topónimo sen artigo ( Sorrego ). Tamén é recente, polo tanto, o plural secundario Os Sorregos , moi empregado na fala. Outro topónimo con esta forma derivada é O Muíño do Sorrego en Mourelle, muíño de cubo situado na marxe dereita do río de Eifonso, ben con- servado externamente, uns cen metros augas arriba da ponte coa que a estrada de Bembrive salva o río pouco antes de chegar a Riomao.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==