Toponimia do Val do Fragoso

337 O E s p a z o h a b i t a d o É o terreo onde foi construída a segunda casa que atopamos á man esquerda entrando polo chamado Camiño Ceiróns (Seiróns) dende a rúa da Parrocha, e a que está por debaixo dela. Ademais de aparecer nas escrituras, é un topónimo vivo, coñecido polos veciños de máis idade, que aínda lembran como «ían á Xurela ás uvas». Non aparece o topónimo no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . AS CASAS E LUGARES A Casa do Balcón é a vivenda que marca a estrema da parroquia de Sárdoma con Bembrive no Lameiro, na esquina entre as actuais estrada de Bembrive e o camiño do Toutizo, que a rodea polo sur. O nome procede do grande e vistoso balcón que a casa tiña todo ao redor. Na actualidade, aínda que o balcón xa non existe, o topónimo pervive, transformado tamén no alcume da familia que a habita. Por riba dela, seguindo a estrema cara ao nacente, tamén na banda de Sárdoma, estaba A do Merrello . Parece ser que o home a quen se lle aplicou este alcume, veciño do lugar, era dado a non dicir sempre a verdade, como adoitaba facer un feirante coñecido como O Merrello . Polo parecido neste aspecto puxéronlle o mesmo alcuño, que pasou tamén a seu irmán e de aí á súa descendencia. É pobable que na súa orixe merrello sexa unha alteración de marrello ‘marrán, porco’. A continuación da do Merrello está A do Cuco . Cuco , aínda que aparece documentado como apelido xa no ano 1258 ( Petrus Cuco ) (Marqués, 2004: 884) é tamén un alcume moi habitual. Adoita facer referencia ás acepcións do adxectivo cuco ‘bonito, lindo’ ou ‘astuto, que de todo saca proveito’ (Eladio Rodríguez: 1961, en DdD , s.v.). O significado de ‘astuto’ vén do comportamento desta ave para que lle aniñen outros as crías. O nome de cuco dado á ave Cuculus canorus xurdiu como onomatopeia do seu canto. A continuación da do Balcón, cara á Pedra, temos, xa na banda de Bembrive, A do Boi . Nesta casa había un boi de posto ao que acudían non só a veciñanza de Bembrive senón tamén a de Sárdoma. Un boi de posto é un touro semental, definición que recolle Constantino Gar- cía no Glosario de voces galegas de hoxe ( Verba , anexo 27, 1985, en DdD s.v.) co sinónimo boi de parada . É unha expresión empregada en gran parte do rural vigués, cando menos nas parroquias de Bembrive, Sárdoma ou Zamáns, onde se fala tamén de touro de posto . Boi e touro

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==