Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 336 perdéndose. Vello tamén ten uso como apelido, e como outros tamén admite flexión de xénero (Vello/Vella). É o terreo onde agora se asenta a segunda casa que atopamos en- trando no Camiño da Mina dende Miraflores, á man esquerda. Recollemos tamén o topónimo O Cocho da Vella, do que só puide- mos saber que pertence á Chan. No Libro de afanegados aparecen xa varias propiedades, pertencen- tes en xeral a veciños e veciñas de Xestoso, co nome de «Campo da Vella» e «Campo da Vella o Difunta». Aparecía tamén o topónimo «A Coba da Vella» que non recollemos xa na actualidade. Tampouco con- seguimos localizar, aínda que a algunha veciña lle soaba o nome, o «Cabo da Vella» que aparecía no Catastro de Ensenada como propie- dade dunha veciña de Paio. Xaloeira, A Fonte da Debe de ser un xentilicio derivado do topónimo Xalón. Os deriva- dos con sufixo - eiro a partir dun topónimo non son raros na formación de xentilicios (betanceiro, rianxeiro etc.). Que o derivado perda o - n - da palabra da cal deriva (Xalón) é un fenómeno propio das voces patri- moniais (limón – limoeiro, carbón – carboeiro) e, polo tanto, indicio de que non se trata dun xentilicio de creación recente. Na microtoponimia aparecerá como nome das propiedades de persoas que teñen este xen- tilicio como alcume. Situada aos pés do lugar do mesmo nome (A da Xaloeria), que queda na Torre, pero por debaixo do camiño do Toutizo (entre este e a aveni- da de Madrid) poucos metros máis abaixo da Casa do Balcón. Perten- cente, polo tanto, xa á parroquia de Sárdoma, a onde baixan as súas augas (pola Fontaíña). Neste caso Xaloeira é o alcume que dá nome ao lugar da súa propiedade e, por extensión, á fonte próxima. Xurela, A Neste caso, o topónimo A Xurela parece outro exemplo do uso dun feminino con valor adxectivo relativo a un propietario masculino: A Xurela = ‘A do Xurelo’, onde Xurelo sería un alcume relacionado co nome do coñecido peixe. Os exemplares adultos, ademais do nome de xurelo reciben o de moscón , e os pequenos chincho .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==