Toponimia do Val do Fragoso

335 O E s p a z o h a b i t a d o nome polo que se coñece o membro dunha tuna. Asúmese que tuno facía en orixe referencia a Túnez, ao igual que, por exemplo, xitano o fai a Exipto ( exiptano ). Pode ser que se empregase inicialmente como alcume, por unha motivación que descoñecemos, ou ben que fose ori- xinalmente o hipocorístico dun nome persoal, por exemplo Saturno, que quedou logo como nome de familia. Nome polo que era coñecida tamén a Fonte da Monzona, xa que A Tuna tiña campos nesa zona. Urbano, A Coutada do Urbano é un nome persoal de varón que ten a súa orixe no latín urbanu ‘relativo á urbe, á cidade//cortés, educado//gracioso, enxeñoso’, pero é tamén apelido, malia que pouco frecuente na nosa terra. De feito, na Cartografía de apelidos de Galicia aparecen tan só dezasete casos en Vigo. Na actualidade é o aparcadoiro de terra empregado polo tanatorio situado en Bembrive na extrema con Cabral. Atopámolo de fronte, un pouco cara á esquerda, ao subir pola rúa da Viña Grande e chegarmos á rotonda en que desemboca a estrada das Plantas. Urbano é neste caso nome propio. O veciño ao que fai referencia, propietario desta antiga coutada, érao tamén do serradoiro situado a pouco máis de cen metros cara ao norte, xa en Cabral, nos terreos por detrás de onde agora hai instalada unha gasolineira. Era coñecido como O Serradoiro do Urba- no . Nesta coutada atopábase A Presa do Urbano xa desaparecida, pola parte de arriba do que agora é o antedito aparcadoiro, na estrema coas instalacións da CLH. Alí ían lavarse os soldados do veciño Polvorín, polo que é coñecida tamén como A Presa dos Soldados. Vella, O Campo da Do latín vetula , adxectivo que expresa idade avanzada respecto á considerada normal. Na toponimia pode aparecer acompañando a un substantivo ( As Casas Vellas , A Eira Vella ) ou en solitario ( O Campo da Vella) se o substantivo inicial (revolta, cachada, chousa etc.) está elidi- do, polo que é imposible nese caso saber a que fai referencia. Así, po- dería ter estado modificando o nome propio da propietaria que acabou

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==