Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 334 da Cidra. Cidra pode referirse a unha especie de cabaza de aspecto raiado en cores branca e verde, empregada para facer o doce coñecido como cabelo de anxo, aínda na nosa cultura apenas era coñecida esta planta medio século atrás. Ou posibilidade é que se referirse ao froito da cidreira 95 ( Citrus medica ), arbusto similar ao limoeiro ou á laranxeira e que se considera o primeiro cítrico coñecido en Europa. Estas cidras empréganse normalmente en repostería (a pel) ou con fins medicinais. Pero esta hipótese fitonímica parece pouco probable. En xeral, os to- pónimos deste tema léxico son derivados en - eira ou en - al (ou o plural deste en Cidrás ), polo que a ausencia do sufixo parece raro. En Baruxáns, A Fonte da Sidra atópase case na estrema coa parro- quia de Sárdoma. Entrando pola Costa da Peteta dende A Ponte de Moledo, temos un sendeiro a uns oitenta metros á man dereita que nos leva a ela. É unha fonte moi apreciada, pola lixeireza da súa auga. No Libro de afanegados de 1846 aparece un veciño chamado Ysidro Moreira, de Baruxáns, que ten como propiedades «O Pequeno», moi próximo á «Fonte da Sidra» e «A Coutada da Marabilla», que é un dos terreos que, cara ao sur, se atopa por riba dela. Podería tratarse, aínda que non ten por que, do propietario que deu lugar ao topónimo. Torto, O Rego do Do latín tortus ‘torcido’. Tratándose dun hidrónimo poderiamos pensar nunha referencia ás curvas do seu curso, pero a preposición que antecede a Torto fainos pensar que se trata dun alcume, posiblemente orixinado nas acepcións de torto como ‘falto dun ollo’ ou ‘eivado’. Rego que baixaba dende a presa e o lavadouro da Regada entre o Pumar e A Palancha. Isto é, uns vinte metros máis adiante do lavadoiro, cara ao oeste. Tuna, A Fonte da Tuno e tunante son denominación que se aplican á persoa que ‘anda dun sitio para outro e que comete pequenos furtos ou grandes e engana con habilidade’ ou ‘que é un pouco desvergonzado e traste e que comete pequenas falcatruadas’, ademais, como substantivo, é o 95 Cidreira é tamén o nome común da pranta Melissa officinalis .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==