Toponimia do Val do Fragoso
333 O E s p a z o h a b i t a d o Salado, A Pradeira do Piel, nas súas Notas de toponimia galega fai referencia aos «vários ríos chamados Salado, e, em portugal Sado» que conterían o elemento prelatino sal - ‘auga, río’ frecuente en hidrónimos da península. Porén, non podemos desbotar a posibilidade de que a presenza dun topónimo Salado se deba a un castelanismo, orixinado polo adxectivo salgado, que faría referencia a un terreo ou unha auga con alto contido en sales, ou ben a un alcume do propietario que aludise a un carácter gracioso ou chistoso (Eladio Rodríguez: 1958-1961, en DdD , s.v.). Salado é ta- mén un apelido, extremadamente raro en Galicia. De feito, só existen dez casos rexistrados, todos eles en Vigo aínda que existe a posibilida- de de que sexa unha castelanización do apelido Salgado , que si é moito máis frecuente, especialmente no sur de Ourense. Son dúas coutadas situadas por debaixo da Costa das Cunchadas (O Carballal). A primeira, á man dereita conforme subimos, uns metros máis arriba da Presa Paradeira e a seguinte na parte alta do rego da Fon- te do Seixo, uns cen metros máis arriba, antes de chegar á encrucillada da Bouzafría. En realidade, nas escrituras aparece como Paradeira O Salado. Paradeira é unha anaptixe de Pradeira , topónimo polo que se coñece esta zona de ladeira acoutada. En canto a Salado , malia que é certo que a coutada superior é atravesada por un rego (o rego da Fonte do Seixo), o máis probable é que neste caso se deba a un apelido ou alcume de propietario, posto que o lugar situado por riba dela é coñe- cido como A do Salado ou simplemente O Salado e sabemos que no Pouso aínda está presente este nome de familia. Non aparece ademais nos documentos antigos o topónimo Salado , mentres si o fai «A Pra- deira» ou «Pradeiras» tanto no Catastro de Ensenada como no Libro de afanegados . Sidra, A Fonte da Atopámonos probablemente ante un feminino do hipocorístico Si- dro ou Cidro, Sidre ou Cidre, do nome persoal Isidro . A Sidra = ‘A de Sidro ou A de Sidre’. Posto que estamos en zona de seseo e non dis- pomos de documentos antigos onde apareza recollido este topónimo tamén se podería pensar que se trata en realidade do topónimo A Fonte
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==