Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 332 unha roda dun irmán e outra doutro. Pero un home apelidado ou alcu- mado Riobó mercou o muíño de abaixo e deste xeito o muíño pasou a ser coñecido maioritariamente por ese nome. En todo caso, no traballo sobre os muíños da parroquia de Félix Caride dise que a roda de arriba era da familia dos (–>) Patiños (presente tamén nos Muíños do Muxo) e a de abaixo dos Fernández Iglesias. Rouco, O Cocho do Do latín raucus ‘de voz rouca; áspera e pouco clara’. Consérvanse numerosos exemplos do seu emprego na onomástica medieval galega: Na actualidade é un apelido con gran presenza nos concellos lucen- ses de Vilalba (onde se concentra o maior número de censados que o portan) e Palas de Rei. En Vigo e arredores os portadores deste apelido superan os setecentos. Pequeno anaco de terra a poulo na Regada. Dirixíndonos dende a Regada cara a Xestoso pola estrada do mesmo nome, hai un camiño á man esquerda corenta metros despois de pasar a subida ao Paso. En- trando por ese camiño, á man dereita, por debaixo das casas que dan á estrada, está O Cocho do Rouco . Roxo, O Muíño do Aínda que roxo deriva do latín russeu ‘vermello’, en galego non con- serva ese significado, senón que roxo é un sinónimo de loiro ; empré- gase para designar aquel cabelo que é da cor do ouro ou algo máis es- curo. Para facer referencia a aquel pelo que se asemella ao encarnado emprégase o termo rubio , aplicado tamén á cor da pel. Trátase dun muíño de maquía, situado en Baruxáns e propiedade dun home alcumado Fufú O Roxo, polo que o muíño é tamén coñecido como O Muíño do Fufú. Ademais, posto que este home era da familia dos Pieiras, hai quen o coñece como O Muíño dos Pieiras, malia que estes tamén foron propietarios do muíño situado augas abaixo, mer- cado (unha das rodas) polo Riobó, polo que acabou sendo coñecido maioritariamente por ese nome. Descoñecemos a orixe do sobrenome Fufú .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==