Toponimia do Val do Fragoso
331 O E s p a z o h a b i t a d o Riobó, A Coutada do Do latín medieval R iuus bonus ‘río bo’. Hai só sete lugares recolli- dos no Nomenclátor portadores deste topónimo en Galicia, pero esta cifra increméntase notablemente se atendemos tamén ás formas rela- cionadas como Ribón, Reibón, Reiboo etc., e aos topónimos menores. Como apelido, Riobó non ten unha frecuencia especialmente elevada no conxunto de Galicia, pero si nos concellos de Moaña (1,2 %) e Bueu (0,8 %), con 435 e 199 persoas censadas, que xunto ás 309 de Vigo re- presentan o 70 % do total das persoas así apelidadas no noso territorio. A variante Rioboo, coa grafía arcaizante da secuencia vocálica final é característica da provincia da Coruña. Riobó En Recaré, subindo polo camiño do Rebolón está a uns cincuenta metros, á man dereita, aos pés do campo do Pepe de Josefa, atopamos A Coutada do Riobó. Situado a uns cen metros augas abaixo dos muíños do Muxo, na marxe dereita do río de Eifonso encontramos O Muíño do Riobó, en Baruxáns. Son en realidade dous muíños independentes que comparten o mesmo edificio, que presenta unha curiosa forma trapezoidal. Unha parede interior divide as dúas rodas ás que se accede por cadansúa porta. O tellado orixinal foi substituído por unha placa de cemento ou similar e a parede é de cachotería. Estruturalmente atópase en bo estado, malia que o avance da vexetación pon de manifesto o seu aban- dono. O primeiro dos muíños, o que nos atopamos vindo polo camiño dende o Muxo, ou baixando dende a Raposa, ten na lumieira da porta a inscrición «año 1855» e no seu interior, ao que dá paso unha porta de madeira aberta, xa só queda o pé. O segundo, que ao contrario que este carece de pousadoiro, ten a porta de chapa pechada, polo que non é posible observar o interior. En realidade estes dous muíños eran pro- piedade, segundo as informacións recollidas, da familia dos Pieiras 94 , 94 O termo pieira , que aquí funciona como alcume, atopámolo nos diccionarios antigos como denominación dunha enfermidade dos pés, ou tamén dos pezuños das vacas e incluso como o nome da gorida dos lobos. Porén, Martín Sarmiento ( DdD s.v.) recollíao como insulto empregado en Pontevedra como sinónimo de bruxa ou meiga .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==