Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 330 Portugueses, Os Plural do xentilicio portugués ‘nativo ou habitante de Portugal’. É hoxe en día unha parte do lugar dos Chans, no barrio da Chan. A súa orixe parece atoparse na chegada dunha parella de portugueses, Rosa e Antonio, el de oficio canteiro, que se asentaron neste lugar, hai xa cando menos setenta anos. O núcleo fundado foi medrando coas vivendas dos seus descendentes. Rebolón, O Camiño do Posible derivado de Rebolo , alcume aplicado ás persoas grosas e polo xeral baixas. Na lingua común un rebolo é un pau curto e cilíndrico empregado para certos usos, como rasar medidas retirando o cugulo ou para lanzar ás pólas dunha árbore para facer caer a froita. Pero o rebolo é tamén un tipo de carballo, o carballo cerquiño ( Quercus pyrenaica ). Parte da Viña Grande (Recaré), uns cincuenta metros por arriba da Mouteira, á man esquerda. Trátase dun camiño asfaltado ata a última das casas ás que dá servizo, a partir da cal continúa como camiño de terra, entre as coutadas, para saír á Parrocha. Entrando por este camiño, a unhas decenas de metros, á man dereita está A Presa do Rebolón . Na Raposa temos O Lugar do Rebolón (–> Os nomes das casas e lugares). Renca, Os Campos da Feminino de renco ou rengo ‘coxo’, termo de orixe xermánica. Terras de labor, agora maioritariamente a poulo, na entrada da rúa de Recaré dende a Mouteira, á man esquerda. Ribeirán, O Ribeirán é o xentilicio (formado co sufixo correspondente a - anu ) que se aplica a alguén procedente dun lugar chamado Ribeiro ou Ribei- ra , ou ben procedente da Ribeira ou do Ribeiro . En Baruxáns son os terreos ocupados polo trazado da avenida de Madrid. Atópase, vindo dende O Porriño, uns metros máis adiante da saída 666. Na fala, adóitase realizar como O Rebeirán .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==