Toponimia do Val do Fragoso
329 O E s p a z o h a b i t a d o deuses, os pais, familiares, amizades etc.’, pero o seu uso como nome persoal débese a unha advocación mariana. Muíño de maquía situado no Mosteiro e propiedade dunha muller chamada Piedade ( Piedá na fala) coñecido tamén como O Muíño do Venancio por ser o nome de seu xenro e continuador do oficio. Locali- zámolo na marxe esquerda do río da Ponte (rego de Pontecela), fronte ao Lavadouro do Mosteiro, dentro do lugar, a poucos metros da casa familiar. No seu traballo sobre os muíños da parroquia, Félix Caride dinos que por estar retirado o muíño uns seis metros do leito do río e ir cuberta a levada de saída ata chegar a el, o inferno ten unha profundi- dade non vista no resto dos muíños da parroquia. A dos Pigorros Alcume de propietario que posiblemente contén o substantivo co- mún castelán pigorro , propio de Salamanca, e aplicado ao rapaz que facía as tarefas auxiliares do campo, como levar a comida e auga aos maiores ou facer os recados. Tamén se emprega polo tanto como sinó- nimo de neno. Coutada situada a pouco máis de cen metros subindo polo camiño do Rebolón (Recaré), á man dereita. Na fala realízase con gheada: A dos Pighorros . Popó, A Volta do Estamos ante o alcume dun propietario do que podemos coñecer a motivación, grazas a un informante de oitenta anos que nos transmitiu o que lle explicaba súa avoa. Contaba que cando os mozos e mozas ían ás festas, ao mirar tocar un conxunto divertíanse xogando a dicir que instrumento lles gustaría tocar a cadaquén. Un deles sempre dicía que el quería tocar aquel que facía «po-po-po», entendemos que en alusión ao trombón ou similar, e de aí lle quedou O Popó , sobrenome que se foi transmitindo no tempo. É a curva pronunciada que hai na rúa de Mandín, a escasos dous- centos metros da entrada dende O Monte do Calvario. O nome vén dado por estar a curva diante da do Popó, malia que a casa matriz da familia así alcumada se atopa nos Pumariños.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==