Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 328 Pesete, O Alcume, quizais formado a partir de peseta , moeda española. Atópase nas Crebadas, por riba da Mariña. A maioría da súa su- perficie foi ocupada polo trazado da autoestrada AG-57 (Puxeiros-Val Miñor). É coñecida tamén como A Coutada do Pesete . É un topónimo que aparece xa no Libro de afanegados (1846) onde podemos atopar propiedades rexistradas como «O Pesete», «Tojal do Pesete o Quebra- das», «dehesa do pesete o quebradas» ou «cañaberal do pesete» o que, ademais de axudarnos a localizar o topónimo nos permite coñecer o tipo de vexetación que había aquí naquel entón. No Catastro de En- senada hai unha propiedade co nome de «A Coutada de Piselte» que quizais podería facer referencia ao mesmo propietario. Peteta, A Costa da Forma feminina dun alcume que podería estar relacionado con Pete- te . Parece creado a partir do francés petit ‘pequeno’, aínda que tamén podería ser unha alteración de Pepete , alcume formado a partir do hi- pocorístico Pepe . Estritamente é o camiño que sobe por diante do grupo de casas que están por riba da Fonte da Sidra, pero na actualidade é o nome da rúa completa da que este tramo forma parte e que vai dende a Ponte de Moledo, pasando polo Muíño do Burro e a Fonte da Sidra, para ir saír, paralela ao río de Eifonso ou de Moledo, á estrada do Lameiro, á altura do Muíño da Torre. A Costa da Peteta marca a estrema de Bembrive coa parroquia de Sárdoma dende a Ponte de Moledo ata a Buraca, por debaixo da subestación eléctrica da avenida de Madrid. A Peteta era o alcume da muller que vivía nunha das casas do núcleo citado. Dise que o camiño tomou ese nome porque foi ela quen se encargou de abrir nun primeiro momento ese tramo. O alcume Petete aparece xa no Libro de afanegados de 1846 a carón do nome de José Benito Abalde, veciño de Baruxáns. Piedá, O Muíño da Señora Forma correspondente a Piedade , nome de muller. Procede do latín pietate ‘sentimento que leva a aceptar e cumprir todos os deberes cos
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==