Toponimia do Val do Fragoso
31 A A u g a nesa lingua, tal como nos informa o Appendix Probi 15 . Na península ibérica rivus prevaleceu sobre as formas flumen e fluvius , que eran os vocábulos latinos que tiñan o valor de ‘río’ e asimilou o seu significado. Se entramos polo chamado Camiño Espedrás (O Camiño das Pedrás na forma correcta), O Río son as terras que temos pola parte de atrás das casas que atoparemos á man esquerda, precisamente porque polos seus pés baixa o rego que vai ao Lavadouro do Mosteiro. Este lugar queda dentro da zona coñecida tamén como A Barxa. En Xeme hai un conxunto de campos que dende O Muíño de Xeme ata un pouco antes da Fonte da Sanxegueira quedan entre o río e o camiño que une ambos puntos e que tamén reciben o nome de Río. Corresponden aos depósitos de sedimento deixados polo río (aquí cha- mado de Xeme) no proceso de formación do meandro que claramente se aprecia na actualidade neste punto. No Lavadouro da Regada (Xestoso), O Río abrangue o cruzamento situado diante do lavadoiro e a pequena leira que se atopa fronte a el e que nos queda á man dereita, facendo esquina, conforme comezamos a baixar polo camiño da Regada. O substantivo río aparece, ademais, noutros topónimos, como O Río Grande no Carballal (campo por debaixo dos Carboeiros que queda pegado ao río e que se rega coa súa auga). Temos que destacar a can- tidade de microtopónimos recollidos formados cos vocábulos campo e río : O Campo do Río (Eifonso) situado no Muíño do Outeiriño, polo tanto, na beira do río dos Pelames; O Campo do Río moi próximo ao anterior, pero neste caso pegado á marxe dereita do río do Outeiro, xusto por debaixo do camiño dos Pelames. O Campo do Río, nos Frei- res, neste caso o río que explica o nome é A Regueira do Abade, coa que esta leira estrema pola banda de poñente; ao norte testa co Lava- douro do Abade e a casa situada na esquina entre a rúa de Mandín e o camiño dos Freires, que marca o seu límite polo leste, e ao sur cun pechamento. No Libro de afanegados figura unha propiedade de Anto- nio Fernández, veciño do Mosteiro, co nome de «O Río o Freires» que posiblemente se corresponde coa que nos ocupa; de ser así, este topó- 15 O Appendix Probi (que se atopa no Palimpsesto de Viena, 17, procedente de Bobbio, fols. 49-52), é un documento do século iii d.C. consistente nunha compilación dos erros máis comúns no latín vulgar da época confrontados coa forma do latín clásico correcta correspondente.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==