Toponimia do Val do Fragoso

327 O E s p a z o h a b i t a d o alcume na Idade Media. A forma actual Patiño atopámola xa en docu- mentos do século xiii : «Pedro Afonso, Arzipreste, Fernando Leiro, Juan Patiño, hestebo Martin, Clerigo, Fernando Dominguez, Juan» (Gonzá- lez, 1988: 511). Do conxunto de muíños do Muxo, hai quen coñece por este nome a parte de abaixo do que está máis próximo ao río, que na actualidade é de herdeiros. Pero Fufú O Roxo, que foi propietario do da parte de arriba, parece ser que ademais de Pieira era tamén Patiño, o que crea algunha confusión. Non figura o apelido Patiño no Catastro de Ensena- da nin Libro de afanegados, aínda que foi precisamente un Patiño quen mandou facer o cruceiro do Cristo do Cacheno (–> Cacheno ), segundo reza a inscrición que se atopa no seu pé: « mando faz / er frco ano / frs patiño / año d 1782». Pavero, O Campo do Alcume procedente do adxectivo pavero , que ten o significado de ‘bromista, burlón, gracioso, que chancea’ (Carré Alvarellos, L.: 1933, en DdD , s.v.). É un castelanismo, derivado de pavo (lat. pavus ). Entrando desde o camiño dos Freires no camiño dos Freires de Abaixo (agora camiño da Puga), temos A Fonte do Pavero a uns corenta e cinco metros, á man dereita. Os campos situados por riba desta son O Campo do Pavero . Peixebonito, A do Procede dun composto do substantivo peixe , termo de orixe latina ( pisce ) e o adxectivo, tamén de orixe latina bonito , que procedería dun diminutivo de bo ( bonus ). Descoñecemos a motivación que deu lugar a este alcume. Debeu ser unha característica da fala, quizais chamarlle peixe-bonito ao peixe que todo o mundo coñecía como bonito a secas. Terreos na man dereita do camiño do Estripeiro, que baixa dende o final do lugar de Paio ao río do mesmo nome. En Xestoso A Coutada do Peixebonito localízase no Camiño do Monte Vello, por debaixo do parque feito no Rorigo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==