Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 326 Antigas terras de labor, agora sen traballar, que se atopan no les- te dos Tisoureiros (Segade). Cando nos diriximos cara ao Porriño pola avenida de Madrid, son as terras que nos quedan á man dereita no tra- mo final do pronunciado u que a estrada describe pouco antes da saída de Segade-Recaré. As Presas do Pachín atopábanse no Pachín, empregadas como tan- tas outras non só para o rego, senón para bañarse os rapaces do lugar. Na actualidade, abandonado o seu uso, convertéronse nunha reserva para a avifauna, como parrulos ou a garza real. Panxón, O Aquí seguramente aparece como sobrenome do propietario, que se- ría procedente de Panxón. Na documentación medieval aparece como Pandoine , Pangion , Panjón . É topónimo escuro. Podería ter relación co adxectivo pando (do lat. pandus ), que ten uso na toponimia do norte peninsular con valor orográfico, con frecuencia para designar un paso que une dous vales, polo que quizais o nome de Panxón lle vén do camiño que comunica o areal de Panxón co de Patos, ou sexa, o istmo da península de Monteferro. É o nome que lle daba a familia antigamente propietaria á leira ta- mén coñecida como A Soaxeira do Abade, aínda que un veciño de avanzada idade nomeouna igualmente deste xeito. Non aparece no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Patana, A Coutada da Feminino de patán , usado como sobrenome. Patán figura no Diccio- nario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez co significa- do de ‘aldeán rústico’, común co castelán. É un derivado de pata ‘perna’. É unha das coutadas de Recaré á que se accede entrando pola pista que parte da Baixada ao Castelo, uns cento cincuenta metros máis arri- ba da praza da Parrocha. Patiños, O Muíño dos Apelido no cal, segundo Navaza (2007a: 81), conflúen un nome latino de orixe etrusca patinius e o diminutivo de pato empregado como
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==