Toponimia do Val do Fragoso
325 O E s p a z o h a b i t a d o de Abalde. Á súa vez, dende o inferno deste muíño, coñecido simple- mente como O Muíño do Muxo , a auga diríxese por un corto rego cu- berto por lousas á canle do seguinte muíño, situado a escasos metros e máis preto do río, que nos chamará a atención polo seu maior tamaño e polo feito de posuír dúas portas. Isto débese a que en realidade non é un muíño senón dous, anexos dentro da mesma construción. A roda da parte de arriba, que ten a súa porta de entrada case enfrontada ao Muí- ño do Muxo, é coñecida como O Muíño de Fufú, O Roxo, debido ao alcume do que foi o seu propietario, mentres o da parte de abaixo, con entrada cara ao norte, que dá ao camiño que baixa ao río, é o Muíño dos Pieira ou Patiños. Este muíño dobre tampouco está en uso, e aínda que se conserva en bo estado a súa estrutura exterior, está en gran parte cuberto pola vexetación. No Catastro de Ensenada non se fai referencia a ningún Muíño do Muxo, pero si no Libro de afanegados , polo que po- demos datar a súa aparición entre os anos 1752 e 1846. Quedaría saber a cal dos dous facía referencia, aínda que podemos presumir que sería O Muíño do Muxo de arriba, dunha soa roda. A Ponte do Muxo sobre o río vello está situada por debaixo deste muíño, que permite cruzar aos Campos do Lombo de Beade. Nicolás, A Finca de Don Nome masculino de orixe grega formado polas raíces niké ʻ vitoria’ e laos ʻ pobo’. Corresponde aos terreos onde foi construído o colexio Montecaste- lo, no Penedo. No seu interior había antigamente unha presa onde se ían bañar a rapazada do arredor. En Bembrive-Tameiga recollemos O Pinal de Don Nicolás , coutada situada por riba do Monte Alto, cara a Pompeán (Tameiga). Pachín, O Alcume común. Hai casos en que poderiamos estar ante un diminu- tivo de Pacho, un dos hipocorísticos de Francisco, pero non sempre é así, como ocorre no caso de Enrique Pérez Díaz, Pachín , ex-futbolista da década dos sesenta que xogou, entre outros, no Real Madrid, no Betis ou no Osasuna.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==