Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 324 Antiga fonte, agora sepultada pola maleza, que contaba cun pe- queno cunco de pedra. Antes de chegar á Presa de Esparramán, indo polo camiño do mesmo nome, temos un sendeiro á man dereita 93 . Se o seguimos chegaremos ao punto onde estaba a antiga fonte, marcado aínda por unha pequena concavidade no terreo e unha pedra chantada a carón. Ao oeste temos Os Campos da Fonte e ao leste o muro de blo- ques dun peche que dá ao camiño Esparramán, fronte ao número trece. No Libro de afanegados , no apartado das propiedades en Bembrive de forasteiros, aparece a «Cañoteira o Monzona», de «Beatris González», veciña de Tameiga. Tendo en conta que un pouco máis adiante da pre- sa, cara ao sur, as leiras que nos atopamos son coñecidas polo nome de A Cañoteira , podemos ter a práctica certeza de estarmos ante o mesmo topónimo, que tería polo tanto máis dun século e medio de vida. Muxo, O Alcume relacionado co nome do peixe coñecido tamén como muxe . En Baruxáns é o núcleo de casas ao final do camiño do Muxo e terras por debaixo del, onde se atopan os muíños do mesmo nome. De feito, hai quen considera que o topónimo O Muxo fai referencia unicamen- te aos muíños. Non aparece O Muxo como topónimo no Catastro de Ensenada, pero si no Libro de afanegados , onde designa unha propie- dade anexa ao muíño: «cocho del molino del muxo». O Camiño do Muxo é un camiño asfaltado pero sen saída que parte do final da rúa da Xesteira, uns escasos vinte metros antes de chegar á Ponte de Abalde, cara a poñente, para dar acceso ás casas do Muxo, onde morre. Xa antigamente se lle chamaba así, posto que ía aos muíños do Muxo. As terras que se atopan por debaixo do Camiño do Muxo, antes de chegar aos muíños, no meandro que aquí describe o río de Eifonso, son Os Campos do Muxo . O conxunto de tres muíños que se atopan na marxe dereita do río de Eifonso, ao final do camiño do Muxo recibe o nome de Os Muíños do Muxo . O primeiro é un muíño de herdeiros, rehabi- litado no último ano. A auga chégalle por unha levada que, correndo paralela ao camiño do Muxo, trae a auga directamente dende o Muíño 93 Non era este o camiño de acceso á fonte, senón o que baixaba tamén dende o camiño Esparramán, pero uns metros máis atrás (a uns 90 ou 100 antes da presa). Porén, é máis fácil de localizar hoxe en día.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==