Toponimia do Val do Fragoso
323 O E s p a z o h a b i t a d o Monas, A Finca do O substantivo mona, mono ‘simio’ é palabra común ao galego, por- tugués e castelán, de orixe descoñecida. A presenza deste termo na toponimia de Bembrive é debida ao seu emprego como sobrenome persoal. É o lugar de Barruxáns correspondente á segunda casa do ramal cego que parte da rúa do Cacheno, fronte a Agrovigo, e vai morrer so- bre a avenida de Madrid. Aquí estivo, entre finais do século dezanove e principios do vinte, A Escola do Monas . Parece ser que neste caso o alcume foi posto a un rapaz que adoitaba empregar o insulto mona , polo que lle quedou O Monas . Aos pés desta leira atópase A Presa do Monas, tamén coñecida como a Presa dos Troncales, que regaba, ata hai poucos anos, A Castiñeira. A carón desta había outra presa peque- na, de perpiaño, sen nome específico. A Taberna do Monas era unha taberna que había no Mosteiro, na da Sabela Vella, primeira casa á man dereita baixando cara á igrexa. Montevideo, O Montevideo é a capital da República Oriental del Uruguay , presenza deste topónimo nas nosas terras debe proceder do alcume dado a un antigo propietario orixinario dese país ou, máis probablemente, a un emigrado retornado. É o conxunto de leiras dispostas en dirección norte-sur sobre as Manguelas, que temos na man dereita da rúa Xeme logo de pasar o sendeiro que baixa á Sanxegueira, ata a chegada á rúa Eifonso. Monzona, A Fonte da Podería tratarse do alcume aplicado a unha persoa procedente do Monção portugués (aínda hoxe, na fala local os vellos din Monçom , e non Monção como ensinan na escola, e na banda norte (galega) do Miño chámanlle Monzón ) ou calquera dos Monzón existentes na pe- nínsula, ou do apelido xerado por eses topónimos. Na fala A Monsona , con seseo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==