Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 322 Marzo, O Serradoiro do Pódese tratar dun apelido, coincidente co nome do mes (ao igual que Xaneiro, Nadal, Abril, Maio, etc. Aplicábase no bautismo a persoas de filiación descoñecida por referencia ao mes de nacemento) ou ben un sobrenome, formado co derivado regresivo de Marcelo ou Marcelino . Antigo serradoiro, en Xeme, pertencente aos do Marzo, familia ve- ciña do Cacheno, onde na actualidade hai un almacén de madeiras. Médicos, O Campo dos Topónimo procedente do latín medicu e que identifica unha tira de terreo con casa pertencente á Soaxeira e situada fronte á presa do mes- mo nome. Entrando pola Soaxeira dende a Mouteira, a uns douscentos trinta metros á man dereita. Cando o terreo foi mercado polas propie- tarias actuais foino baixo este nome, aínda que os seus últimos propie- tarios xa non pertencían á profesión á que fai referencia o topónimo. Polo tanto, non podemos saber se se trata dun topónimo referente á profesión do propietario ou dun alcume con outra motivación. Menores, O Lugar dos Plural de menor , do latín minore ‘máis pequeno’. Podería ser antiga propiedade dos franciscanos ou franciscanas menores (os dicionarios recollen para menor o significado de ‘relixioso da orde de san Francis- co’), como ocorre noutros casos La Menora o Las Menoras da toponi- mia peninsular, segundo apuntan Navaza e Carrasco ao discutir o topó- nimo A de Menora na Toponimia de Beade (p. 99), pero non podemos descartar calquera outra motivación para a orixe deste topónimo. Trátase dunha tira de terreo, actualmente a monte, nos Chans, ante- rior á única casa que temos á man dereita antes de chagar á Xabalouca. Mica, O Cocho da Feminino de mico , unhas das denominacións do gato en galego. Empregado como sobrenome. No Carballal é un campo pequeno, con viña, situado polo camiño dos Ameales arriba, pasando as casas, cara á Remesiña.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==