Toponimia do Val do Fragoso

321 O E s p a z o h a b i t a d o Terreo de monte fronte á capela do San Cibrán, dende o rexistro de augas que poderemos ver subindo polo sendeiro do Eifonso, ata As Crebadas. Non é este un topónimo recente; aparece no Catastro de En- senada nunha ocasión, numerosas veces no Libro de afanegados , que nos indica ademais que naquel momento tiña carácter de coutada, con piñeiros e carballos, e que a súa extensión debía de ser importante xa que albergaba outros topónimos, como o Estripeiro, no seu interior: «o Estripeiro en la coutada da Mariña». Marqués, A Costa do Do occitano antigo marqués ‘xefe dun territorio fronteirizo’ (Boullón 1999: 301), na actualidade é un título nobiliario de rango inmediata- mente inferior ao de duque e superior ao de conde. É empregado como alcume dende antigo e na actualidade é tamén apelido, malia que o nú- mero de persoas que o posúen non chega ás seiscentas en toda Galicia; é máis frecuente en concellos da provincia de Lugo como A Pontenova, Trabada ou Friol. Algúns apelidos Marqués actuais son alteración dun patronímico Marques ( Márquez ) orixinario. É o nome polo que é popularmente coñecido o tramo da rúa da Parrocha que vai de Recaré ata a entrada de Seiróns. Dise que o nome procede do alcume ( O Marqués ) dun home que viviu neste lugar. Martínez, A Regueira do Forma castelá do apelido patronímico de Martiño , nome de orixe latina ( martinus ) derivado de mars , - tis ‘de Marte’. A forma galega tradi- cional deste patronímico é Martiz ou Martins . En Xestoso é o rego que baixa do lugar do Martínez cara a Peizás, uníndose á Regueira do Cea. No Catastro de Ensenada aparecen dous veciños apelidados Martínez no ano 1752 en Bembrive, aínda que nin- gún deles ten propiedades próximas á regueira que nos ocupa como para ser os responsables de terlle dado nome, como tampouco os cinco veci- ños e veciñas rexistrados case cen anos máis tarde no Libro de afanega- dos . Curiosamente, o que si atopamos no Catastro de Ensenada son dúas propiedades, as dúas pertencentes a Benito Alonso, de Larín, chamadas Martin e San Martín , topónimos que xa non rexistramos no presente.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==