Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 320 posúen son case trescentas. A súa orixe está no adxectivo latino laetus ‘ alegre ’ . A do Ledo , ou O Lugar do Ledo , queda na esquina entre a estrada de Bembrive e o inicio da rúa de Segade. Hai na actualidade unha casa con terreo. Ao final da entrada que hai a carón do Lavadouro de Segade, tocando co que agora é a avenida de Madrid, estaba A Casa Vella do Ledo , que os veciños máis maiores do lugar, de máis de oi- tenta anos, recordaron sempre en ruínas e que na actualidade xa non existe. O lugar debíase estender cara ao noreste, xa que nesa dirección atopamos, a máis de cen metros, A Presa do Ledo. Situada no principio do actual ramal cego da rúa de Recaré que remata, sen saída, contra a avenida de Madrid, dela regaba a Santa, Tisoureiros e a casa fronte á do Galo. A Fonte do Ledo, agora coñecida como A Fonte de Recaré, estaba aos pés da Revolta e trasladouse a onde estaba a citada presa. Na parroquia de Bembrive temos constancia da presenza do apelido Ledo cando menos dende mediados do século xix , posto que no Libro de afanegados o atopamos na persoa de «Domingo Antonio Ledo», «María Antonia Ledo» e «Benito Alonso Ledo», veciños das Casas Ve- llas e Jacinta Ledo, do San Cibrán. Mañoso, O Alcume derivado de maña ‘disposición para facer ben e con faci- lidade unha cousa’, termo que podería proceder (Corominas, 1980- 1992, vol. III: 831) do latín vulgar * manu ‘habilidade manual’, derivado á súa vez de manus ‘man’. En Mourelle son os terreos en pendente que quedan por riba da estrada de Bembrive, entre o comezo do camiño do Cocho e A Raíña. Aínda que na actualidade hai numerosas vivendas construídas, ata non hai moitos anos eran coutadas de monte. Malia que poderiamos pen- sar que é un topónimo moderno , O Mañoso aparece xa no Libro de afanegados : «coutada do Mañoso», «castañal en Mañoso», «debesa de Mañoso en Mourelle» ou simplemente «Mañoso». Mariña, A Do latín marina . Nome persoal moi común na Idade Media e con moitas advocacións en toda Galicia, entre elas a da veciña parroquia de Cabral.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==