Toponimia do Val do Fragoso
319 O E s p a z o h a b i t a d o Jesusa Nota ao pé: Fonte da Jesusa e Presa do Cocho da Fonte fóra de uso. Ao fondo, as casas do Lugar de Arriba. Julio, O do É un nome castelán, procedente do latín iulius , probable adaptación, de acordo con Boullón (1999: 278), de * iouilios ‘de Xúpiter’. En galego, Xulio (a diferenza do nome do mes, que deu xullo ). Nomeado tamén como O Campo do Julio ou Os Campos do Julio . Entrando polo Rego da Auga desde a Subida a Miraflores, son as terras situadas uns cento cincuenta metros máis adiante, pasando os Campos do Abade, á man dereita. Son antigas terras de labor en que na actuali- dade hai dúas vivendas de recente construción. Ledo, A do É un apelido especialmente frecuente no concello lucense de Chan- tada e nos do seu arrredor, e en Vigo o número das persoas que o
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==