Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 318 No Pouso temos O Muíño do José María , un muíño privado situa- do na marxe dereita do Rego de Pontecela ou río da Candea, uns cen metros máis abaixo do Muíño do Pouso. As paredes, de cachotería, parecen estar en bo estado, aínda que a vexetación que o cobre impide observalas na súa totalidade, ocultando tamén o tellado. Na lumieira da porta unha inscrición infórmanos da súa data de construción e pro- pietario: «AÑO Ð 1891P Ð JMP». Un dos relatos existentes sobre as casas vellas da Fraga di que foi un José María o seu último habitante, a quen lle morreu a muller no parto e entón marchou co seu fillo ou filla para Xestoso. Os José Marías é un alcume de familia vixente na actua- lidade en Bembrive. Juanito, A Lagoa de Diminutivo do nome masculino castelán Juan, en galego Xoán , Xan , que procede do latín I ohannes . Lagoa que había polo camiño da Feira, na estrema con Cabral. Era en realidade unha poza dende a que baixaba a auga ao Muíño do Ro- rigo, pero só ata o san Bieito. A partir desa data correspondíalle a auga a Cabral. Jesusa, A Fonte da Nome castelán de muller, forma feminina correspondente a Xesús (< lat. iesus ), nome persoal de orixe hebrea. Nome que se lle daba ao nacente da auga que se recollía na Presa do Cocho da Fonte. Agora aparece rotulada como Fonte de Xestoso de Arriba. A veciñanza do Lugar de Arriba, para evitar ir dar a volta polo Lugar de Abaixo cada vez que tiñan que ir buscar auga, baixaba direc- tamente polo lugar da Jesusa e así quedoulle o nome á fonte.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==