Toponimia do Val do Fragoso
317 O E s p a z o h a b i t a d o Coutada que atopamos ao final do Camiño do Rebolón, por detrás do Lugar da Checa, en Recaré. Guillermo, Os Campos do Tío Nome persoal de orixe xermánica ( W illielmus ). A forma preferente para o seu uso no galego é Guillerme . Son as terras, agora de monte, comprendidas entre o sendeiro do Eifonso e o propio río que se estenden, aproximadamente, dende o co- mezo da ruta por riba da estrada de Bembrive, ata o muíño do Sorrego. Están, polo tanto, dentro do Chouso. Inocencia, O Poulo da Tía Antropónimo feminino, do latín innocentia ‘libre de culpa’. Poulo que había na Fraga, na actualidade a monte . José María, O Campo do Nome composto de varón, castelanizado. José , Xosé en galego, che- gado a nós a través do latín I oseph , procede do hebreo yoseph , derivado de yasaph ‘engadir’ (Boullón, 1999: 277). Antes do século xvii apenas era empregado, xa que o culto a san Xosé é posterior ao Concilio de Trento, pero de acordo con Navaza (2007a: §53.4) este nome con- verteuse, xunto con Manuel, no nome masculino máis frecuente nos séculos xix e xx 92 . Entrando polo camiño da Candea, que leva ao lavadoiro do mesmo nome, dende a rúa da Chan, é o campo que temos á man esquerda logo de pasar o do Cacholeiro. Un pequeno valado, que obriga ao camiño a debuxar unha lixeira curva, marca o seu extremo polo leste. 92 En Bembrive, en 1752, había xa nove homes rexistrados no Catastro de Ensenada con este nome («Joseph») máis unha muller («Maria Josepha»), que pasarían a 12 homes e 8 mulleres un século máis tarde no Libro de afanegados . María , un dos nomes femininos máis habituais na península dende o século x , procede tamén do hebreo maryam , chegado a nós a través do grego mariám ou maría e o latín maria (ib.: 297), divulgado polo culto da virxe.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==