Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 316 Figenia, O Campo de Tía Alteración por aférese da vogal inicial de Ifigenia , nome feminino de orixe grega. Na fala común empregouse tamén a variante Efigenia . Está xusto por riba das casas da Revolta. Tomando a Subida ao Pe- nedo dende Recaré, é a tira de terreo que se estende á man dereita ata testar co camiño de Seiróns. Ferrolana, A Xentilicio de Ferrol, posiblemente referente á cidade coruñesa, aín- da que hai tamén un lugar chamado Ferrol en Carballo (A Coruña) e en Xove (Lugo). O nome da parroquia de Ferrol rexístrase na documenta- ción medieval como ecclesia Sancti Juliani et Ferreoli , en alusión aos santos patróns Xiao e Ferreol, que se acabou alterando en Sancti Juliani de Ferreoli . Procede dun nome persoal de orixe latina ferreolus . É un núcleo de casas situadas na man dereita do camiño da Capela, baixando, e antes de chegar ao pavillón de deportes. É unha antiga ocupación privada do monte comunal de Bembrive, segundo consta xa en planos do ano 1958. Garrido, O Apelido que ten a súa orixe no adxectivo garrido ‘ben proporcio- nado, de boa presenza, agradable tanto pola aparencia física coma no trato’, probable participio do verbo garrir , do latín garrire ‘charlar’. Terras de labor que se atopaban pasando os Campos do Abade, no final do camiño de Peizás, uns cen metros despois de entrar dende a subida a Miraflores. Grilo, A Coutada do Grilo é un alcume moi habitual. Fai referencia ao grilo (< lat. gryllu ) insecto ortóptero coñecido polo son que producen os machos, moi te- rritoriais, ao fregar as ás, malia que descoñecemos a motivación exacta do seu uso como alcume. Poderíaselles, quizais, aplicar a persoas pe- quenas e inquietas, ou que fan barullo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==