Toponimia do Val do Fragoso
315 O E s p a z o h a b i t a d o Espantademos Posible alcume. Está formado polos termos espantar ‘facer escapar’ e demos, plural de demo ‘ser imaxinario que representa o mal’. Subindo pola rúa do San Cibrán cara á capela, Espantademos é o nome do terreo con vivenda que temos á man dereita xusto na curva da que parte o camiño das Valadiñas. Queda polo tanto encaixado entre a estrada e o rego que o rodea polos pés e que baixa dende A Fonte Seca para ir unirse ao río de Eifonso por debaixo da capela. Este nome, segundo información do seu propietario, figuraría en escrituras do ano 1800, aínda que o topónimo non aparece rexistrado no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Tampouco é coñecido pola veciñanza da zona. Federico, O Pinal de Don Considerado castelanismo por Frederico , forma galega. Segundo o Diccionario dos Nomes Galegos, Frederico procede do xermánico F rithurik , composto por frithu , que tiña o significado orixinal de ‘pro- tección, seguridade’ ou ‘posesión cercada e defendida’ e posteriormen- te o de ‘paz’, e rîk ‘poderoso’, polo que o conxunto tería o significado de ‘que domina pola paz’ ou ‘que domina a súa posesión’. Coutada situada no monte do San Cibrán, a escasos metros ao su- roeste do punto onde o Camiño das Valadiñas describe un pechado u, por riba da Casa das Augas. Aproximadamente neste punto únense as augas procedentes das concas da Xunqueira e da Coutada das Señoras formando o río de Eifonso. Vai acompañado o nome propio que deu lugar a este topónimo dun don que nos informa dunha posición social elevada. En efecto, o antigo propietario destes terreos dise que foi o mestre escolar don Federico Estévez. No ano 1951, e ante a súa peti- ción, a Entidade Local cedeulle a estes organismos o terreo solicitado «en dicho paraje, barrio de San Cipriano de la extensión de 5ha 51a 44ca 91 ». Don Federico tiña dous irmáns curas, un en Soutomaior e outro na veciña parroquia de Sárdoma, coñecido como O Tombo , alcume que deixou tamén pegada na parroquia (–> O Tombo). 91 acta da sesión da ELMB 06/12/1951
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==