Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 314 camiño que vai dar a el]. O seu propietario, por ser home moi relixioso, foi alcumado O Dios . Domingos, A Mina de Nome cristián de inspiración mística, do latín dominicus ‘o que per- tence ao Señor’ (Piel 1947b: 284), derivado de dominus ‘señor’. Os no- mes persoais nos romances hispanos as formas que atopamos no léxico actual son normalmente continuacións do acusativo ( dominicum ), pero hai excepcións como Domingos , que procede do nominativo D omini - cus ( San Domingos de Bonaval, San Domingos de Pontevedra ) e C aro - lus > Carlos , M arcus > Marcos . En galego Domingos é a forma común do nome, mentres que en castelán esa forma con - s final, que tamén foi común nesa lingua durante séculos, deixou de usarse ao longo da segunda metade do xix . O patronímico deste nome é o apelido Do- mínguez , relativamente frecuente en Galicia, aínda que tamén existe a propia forma Domingos como apelido, pero presente só na actualidade nos concellos da Mezquita e A Guarda. Trátase dunha mina de auga que había no Lugar de Arriba ou Segade de Arriba, fronte ao actual taller Segade. Na fala, A Mina de Dominkos . Non sabemos se Domingos era o apelido ou ben o nome (aínda que sería o máis probable) do posesor que deu lugar ao topónimo. O que si sabemos é que o nome Domingo (escrito sen o - s final, o que non signi- fica que popularmente non fosen coñecidos como Domingos , que sería o esperable) foi moi frecuente en Bembrive no pasado. A mediados do século dezaoito, no momento en que se fixo o Catastro de Ensenada (1752), un doce por cento dos veciños propietarios de Bembrive tiñan ese nome, porcentaxe que só baixara un punto cen anos despois, como podemos comprobar grazas ao Libro de afanegados . Curiosamente esta forte presenza non era compartida polo feminino do nome, xa que no Catastro de Ensenada figuran tan só seis veciñas cabezas de familia chamadas Dominga e ningunha no Libro de afanegados . Se atendemos ao conxunto da península, Domingo(s) e Dominga(s) foron moi co- múns como antropónimos entre os séculos xvi e xviii , a época de máxi- mo poder dos Dominicos, o que non é casual, pois promoveron o culto do seu fundador, Santo Domingo de Guzmán.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==