Toponimia do Val do Fragoso

313 O E s p a z o h a b i t a d o estar motivada pola complicada orografía do terreo e non pola presen- za dun propietario con ese alcume na zona. Zona de monte actualmente con eucaliptos da Parrocha, situada en- tre o colexio Las Acacias e o hospital do Meixoeiro, que, de feito, o ocupou en gran parte. Neste caso sabemos que o topónimo procede dun alcume. O home así chamado, non por simple falcatrueiro, se- nón por malo, apropiouse (a mediados do século pasado) desta parte de monte comunal, ocupada logo polo hospital, polo que pasou a ser coñecido como O Monte do Demo . Era considerado tan mala persoa que ata se dicía del que tiña un carro tirado por un carneiro, ao igual ca o auténtico demo. A este lugar, o antigo alumnado das escolas Nieto lembra vir buscar musgo para o belén do colexio. O penedo de grandes dimensións que había no monte do Demo e que foi dinamitado cando se construíu o hospital recibía o nome de O Penedo do Demo. Hai quen o nomea O Penedo de Suán, aínda que sen coñecer a motivación de tal denominación. Podería tratarse do adxectivo soán (coma o vento soán), que significa que está orientado ao sur ( solano en castelán), ou ben dunha forma despalatalizada de Xan. Esta hipótese ten en contra o feito de que todos os Xoán presentes na toponimia da contorna sempre se recollen coa forma hipocorística Xan. Dios, O Pinal do Dios é un castelanismo introducido no galego a partir do Renace- mento (Rivas: 1988 en DdD , s.v.). A forma tradicional galega é Deus . Nomea o ‘ser supremo e eterno, creador do mundo e dotado de perfec- ción absoluta segundo as relixións monoteístas’. Foi empregado como apelido administrativo, imposto en casos de filiación descoñecida. Hoxe en día en Galicia a máis frecuente é a forma castelanizada Dios ou de Dios (4000 persoas) fronte a Deus (900). Pero o termo en sentido figurado emprégase tamén para referirse a unha persoa pola que se sente unha profunda atracción, un culto apaixonado. Deste xeito, pode pasar a ser usado como alcume, tamén cun sentido irónico. No San Cibrán é a coutada, plantada de piñeiros no seu momento, situada despois da Coutada das Señoras e da dos Chans, por debaixo da Xunqueira. [Indo pola pista da Fraga cara a Beade, uns douscentos cin- cuenta metros máis adiante do cruzamento (na Coutada das Señoras) coa pista que enlaza co camiño das Valadiñas, sae á man esquerda un

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==