Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 312 Consuelito, O Lugar da Diminutivo castelán de Consuelo , forma castelá dun nome de muller procedente dunha advocación mariana ( Nuestra Señora del Consuelo ). Do latín consolu ‘consolo; alivio dunha pena ou dor’. Baixando polo camiño das Casas Vellas novo, logo de pasar a casa que temos á man dereita, está, rodeado polo propio camiño, un peque- no terreo plantado de horta coñecido como O Lugar da Consuelito. Malia que o topónimo se aplica agora só a este terreo, tivo que abran- guer no seu momento tamén a casa antiga situada por riba, posto que, lembremos, noméase como lugar o conxunto da casa e as terras de labor do arredor. Cristino, O Muíño do Podería ser nome masculino, do latín christinus , derivado de Chris- tus , ou ben alcume, xa que co nome de cristinos eran coñecidos, a partir da década de 1830, os partidarios de M.ª Cristina de Borbón fronte aos carlistas [no enfrontamento sucesorio entre a raíña rexente (que buscaba a coroación da súa filla, Isabel II) e o seu cuñado Carlos M.ª Isidro de Borbón (irmán de Fernando VII) e que deu lugar á primeira guerra carlista]. Situado case na altura da curva dos Pelames, uns douscentos metros máis abaixo do Muíño do Cruxeiro, na marxe esquerda do Rego de Pontecela. Era un muíño de dúas rodas, de cubo, e segundo o traballo de Félix Caride, o meirande da parroquia, cunhas medidas interiores de 6,5 x 3,2 m 2 . Na actualidade só quedan en pé as paredes e apenas un anaco de tellado. Demo, O Monte do Do latín tardío daemonu , é un dos termos empregados para referirse ao ser imaxinario que popularmente se identifica co mal, como tamén diabo , demoño , diantre ou diaño . Por esta razón Demo é un alcume asignado ás persoas que teñen maldade, malia que hai casos en que simplemente se aplica a unha persoa divertida, inquieta ou travesa, xe- ralmente cando son nenas ou nenos ( Demo de rapaz! ). En certos casos a existencia de topónimos como, por exemplo, A Costa do Demo pode

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==