Toponimia do Val do Fragoso

311 O E s p a z o h a b i t a d o Chuquete, O Lugar do Posible diminutivo de Chuco , hipocorístico relativamente recente do nome Francisco. Apareceu, ao igual que outros como Fran , Chisco , Franco , Paco ou Quico no século xx . Anteriormente, nos séculos xvii - xix o apelativo cariñoso documentado para Francisco era Farruco (ou a for- ma abreviada Fuco), segundo recolle Boullón no seu traballo sobre os hipocorísticos en Galicia. A mesma autora apunta como posible orixe da forma Chuco a metátese a partir de - ucho , a través de Franciscu- cho ( Francisco > Franciscucho > Francischuco > Chuco ), ou a partir de Paco > Pacucho > Pachuco , Chuco . Hai que destacar que - ucha /- ucho (< lat. - usco + ulu ) é un sufixo moi empregado na formación de hipo- corísticos na nosa lingua. Lugar onde estivo a escola antiga da Chan. Non obstante, persoas de máis idade consideran que A do Chuquete é contra a estrada (a rúa da Chan), mentres o lugar onde estaba a escola era A de Xan Domínguez. Conde, A Finca do Do latín comite ‘compañeiro’. No Baixo Imperio denominábanse así aos nobres que vivían no pazo imperial e acompañaban o soberano nas súas expedicións, e que pasa a converterse co tempo no nome dun grao da xerarquía feudal (Marqués, 2004: 625). Na actualidade un conde é un nobre de rango inmediatamente inferior ao de marqués . Conde fíxouse co tempo como apelido, especialmente frecuente en concellos como Allariz e Catoira, e que en Vigo comparten unhas dúas mil per- soas. Moitas veces era aplicado ás persoas que vivían nas terras dun conde. Tamén é empregado en ocasións como alcume con certa carga de ironía. Finca é un castelanismo por terreo ou leira . No Rapadouro é o terreo onde actualmente hai construída unha casa; a que atopamos de fronte entrando polo Camiño dos Rapadouros de Abaixo. Conde está presente tamén no topónimo A dos Condes, que recollemos no apartado «Os nomes das casas».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==