Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 310 Son os antigamente nomeados (–>) Mananciais de Vividouros, aínda que todo o mundo os coñece na actualidade polo vocábulo francés, apelido de quen foi o seu propietario a principios do século xx . Vacílase coas formas As Minas de Champintel ou As Minas de Champintiel . Chapello, O Alcume. Podería estar relacionado con chaparro ‘de pouca estatura’ e con chapa , vocábulo de orixe incerta, posiblemente prerromana, que supón un étimo *klappa. Son as terras, antigamente de labor, onde están actualmente os cha- lés que atopamos no final do camiño de Peizás que parte da Viña Gran- de, fronte ás coutadas de Peizás. A continuación, cara ao oeste, temos o terreo coñecido por algúns veciños como O Campo do Julio, co que posiblemente se solapa en parte. A Presa do Chapello estaba na Pedreira, por riba da pista das Vala- diñas, alimentada polas augas do rego que baixa da lagoa que hai na Estrada. Circulando pola pista das Valadiñas en dirección á Casa de Augas, uns douscentos cincuenta metros despois de deixar a ponte pola que cruzamos a autoestrada do Val Miñor, témola á man esquerda. Chirigota, A Podería tratarse dun alcume ou topónimo anecdótico. Parece o subs- tantivo común chirigota , propio do castelán andaluz chirigota ‘burla’, para a que se ten proposto unha orixe no portugués girigoto , geringoto , ‘listo, esperto’ pero que é un termo de orixe incerta. Que se documente xa no Libro de Afanegados en 1846 e non en Ensenada concorda con esa posible orixe andaluza. Que se ateste en 1846 fai máis interesante o topónimo, pois antes do século xx non debía de ser un termo moi usado en español, fóra talvez do occidente de Andalucía, pois a Real Academia Española incorporouno ao dicionario en 1895. Tomando a estrada de Bembrive dende a rotonda do Toutizo (ou da Pedra) cara ao Lameiro, está A Chirigota no seu comezo á man dereita, cara ao alto. Deste xeito, quedan na Chirigota a casa que fai esquina coa entrada que temos a cincuenta metros, a seguinte que atopamos ao subir, e que amosa o nome do lugar nunha placa de azulexos na porta, e a terceira vivenda na mesma man que queda por riba delas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==