Toponimia do Val do Fragoso

309 O E s p a z o h a b i t a d o Carriza, Muíño do No eido da botánica os vocábulos carrizo/-a empréganse para facer referencia a moi diferentes especies. Segundo Sarmiento, carrizo é ta- mén o nome dado na zona de Setados (As Neves) á queiruga. Segundo Navaza, a etimoloxía máis aceptada para o termo sería a proposta por Sarmiento, que apunta ao latín carex , - icis , malia que o propio autor salienta que as formas toponímicas fan pensar na existencia de dúas raíces: carric - e carrac -, ou de interferencias entre os temas do carrasco e o carrizo . Pero Carriza , en feminino, é o termo empregado con maior frecuencia para referirise ao Troglodytes troglodytes , paxariño diminu- to e gordecho. Fan un niño esférico cun burato por onde asoman a cabeza e deixan o cu dentro, de aí esa expresión que se di de alguén que é inexperto en algo: ‘aínda non lle viu o cu á carriza’. É moi común o uso de Carrizo como alcume, naturalmente a partir do nome da ave e seguramente aplicado a persoas pequenas e redondas, como o paxaro. O Muíño do Carriza está na marxe dereita do río de Eifonso, a me- nos de cincuenta metros, augas abaixo, do lavadoiro do mesmo nome. Isto leva a que algunhas persoas o confundan co Muíño de Eifonso, que está en realidade un par de centos de metros máis adiante, á altura da Fonte da Sanxegueira. Chanique, O Campo dos Alcume que podería ter a súa orixe na alteración do apelido de orixe navarra Echenique , con aférese da vogal inicial. Na actualidade son menos de vinte as persoas rexistradas co apelido Echenique en Galicia. Hoxe en día é o pequeno anaco de terra, en Baruxáns, situado ao final do núcleo de casas do Toutizo, por detrás do Cantón, contra a avenida de Madrid que, de feito, levou parte del. Champinter, As Minas de Champinter , Champintel ou Champintiel é a forma popular en que derivou en Bembrive o apelido francés Charpentier , do latín carpenta - rius , probable celtismo en latín, que tiña orixinariamente o significado de ‘construtor de carros’. Na actualidade charpentier ten na lingua co- mún o significado de ‘carpinteiro’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==