Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 308 O Campo da Casa da Cabaleira pertence á Casa da Cabaleira , si- tuada xusto enfronte. Atópase na marxe esquerda da rúa de Novelos en dirección ás Pedrás, xusto ao acabar de pasar o centro de saúde. Sabe- mos, grazas ao Libro de afanegados , que na parroquia estaba presente o apelido Cabaleiro xa a mediados do século xix . Eran en concreto dous veciños e un deles, Silvestre Cabaleiro, con propiedades, entre outras, chamadas «Leiras» ou «Regadiña», que na actualidade se atopan moi próximas á da Cabaleira. Este vivía en Mandín, o que nos leva a pensar que podía pertencer xa, ou incluso ser o iniciador, da familia que deu nome ao lugar. Cabral, O Campo de Cabral , do latín cabrale é un colectivo de cabra e refírese á presenza ou abundancia deste animal no lugar. Nos máis antigos faría referen- cia probablemente ás cabras bravas. O topónimo Cabral é único na xeografía galega e portuguesa (non se coñece outro topónimo igual) polo que todas as persoas apelidadas Cabral procederían, en orixe, da parroquia viguesa situada na estrema con Bembrive. Entre elas podería atoparse Pedro Álvares Cabral, considerado descubridor do Brasil. Trátase dunha tira de terra de labor paralela ao camiño da Miraflores na súa marxe esquerda, que comeza logo de pasar o núcleo de casas do inicio do camiño. O topónimo fai referencia á procedencia dos pro- pietarios da terra, veciños de Cabral. Calderón, O Cocho Apelido de probable orixe castelá. En galego sería Caldeirón , deriva- do de caldeiro /- a , do latín caldariu , - a ‘lugar onde se quenta un líquido’. Na dos Portugueses, O Cocho Calderón é unha leira por debaixo da Maceira Forneira, ao norte do Campo das Cebolas e anterior ao Lugar dos Menores. A Serra do Calderón , antiga serra situada un pouco máis arriba do Muíño das Crebadas, da que na actualidade só queda rastro na me- moria dalgunha veciña de avanzada idade. Era propiedade dun home apelidado ou alcumado Calderón .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==