Toponimia do Val do Fragoso

29 A A u g a En Paio A Ribeira son uns antigos poulos, agora non traballados, situados na marxe esquerda do río de Paio, aproximadamente á altura do Muíño de Paio de Abaixo. Só aparece un topónimo A Riveira no Catastro de Ensenada , que figura cualificado como «monte común». Agora ben, no Libro de afa- negados hai xa numerosas propiedades rexistradas baixo este nome. Unha delas especifica «pasto da Ribeira» o que nos indica que xa an- tigamente este lugar se aproveitaba para alimentar o gando, e outras dúas proporcionan unha dobre denominación. Unha é a de «Ribeira o Jalon», que pon de relevo a proximidade antiga e o intercambio entre ambos os topónimos, e a outra, «castañal da Ribeira», que nos informa da pretérita presenza neste lugar de castiñeiros que deberon ter unha importancia tal que quedaron fixados na toponimia, posto que por de- baixo da Ribeira, cara ao sueste temos tamén A Castiñeira. Aparece A Ribeira , igualmente como poulo, nun foro depositado no Arquivo de Tui de 1802, outorgado por José Costas a Pedro de Louriño, onde, entre as propiedades do primeiro temos: «Pieza de Poulo o Herbal de Ribe- yra que limita por el norte con Río que pasa a donde llaman Novelos, a naciente con camino que ba al sitio que llaman Jalon sur y poniente con campo llamado Ribeyra. Pieza libre de Diezmo a Dios» (–› Capela do San Cibrán). Sitúanos, polo tanto, A Ribeira no cruzamento do cami- ño de Xalón co río do mesmo nome, ou Rego de Pontecela, dende onde se estendía cara ao sur e ao oeste, polo que posiblemente coincida co topónimo A Ribeira que pervive en Paio. Na actualidade, no Outeiro a estrada que, por unha banda dende a parte de arriba da Fame, e por outra dende As Pedrás, sobe cara á Ribeira, denomínase O Camiño da Ribeira . Pero esta é unha nova de- nominación, xa que o ramal que entraba dende A Fame se chamaba Camiño da Devesa , posto que continuaba cara á Devesa polo tramo que si conserva ese nome, e o ramal que viña das Pedrás era o camiño da Costa ou das Costas, antigo camiño de carro. No punto onde rema- ta o actual camiño da Ribeira temos un sendeiro á man esquerda que baixa ao río do Xalón e cruza por riba dun dos seus saltos. Río, O A palabra río procede do latín rivus ‘regueiro, canle’, aínda que no século iii rius , con absorción do – v – polo – u –, xa era a forma común

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==